Deportes

- Presentación da nova concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Presentación da nova concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo

Hoxe tivo lugar a presentación da nova concesionaria da Piscina Municipal, Aquafit Gestión, S.L. que xestionará a instalación a partir do 1 de marzo.

A presentación correu a cargo de Carlos Gey, 1º Tenente de Alcalde, e de Pedro Iglesias, Administrador de Aquafit Gestión S.L. Estiveron acompañados por Silvia Fadeville, directora da Piscina Municipal.

Na súa intervención, Carlos Gey explicou que a duración do contrato será de sete anos, con opción de prorrogalo a tres mais de haber acordo expreso entre as partes e sinalou que o Concello fai un importante esforzo económico para garantir a viabilidade da instalación e dos servizos que reciben os veciños, xa que aportará 85.000 € anuais para garantir o equilibrio económico-financeiro da explotación.

Tamén destacou o modélico que resultou cambio de concesionaria, xa que conseguiu facerse sen necesidade de pechar a instalación e cumprindo o obxectivo de que dito cambio pasase desapercibido para os usuarios e non lles ocasionara perxuízo algún.

Con estes ingredientes, ten a certeza de que a Piscina Municipal de Rianxo continuará co seu funcionamento eficiente e cunha grella de servizos que continúen a ser valorados de forma moi positiva polos seus arredor de 2.000 usuarios. Carlos Gey rematou agradecendo os servizos prestados por Serviocio, recoñecendo a calidade do seu traballo, así como a exemplar colaboración co Concello durante estes cinco anos.

Pedro Iglesias, administrador de Aquafit Gestión S.L. mostrou a súa satisfacción por ter conseguido este contrato e está seguro de que a súa empresa está capacidade para continuar co modelo de xestión existente e incluso ir introducindo melloras nos servizos e na propia instalación que poidan mellorar a satisfacción dos usuarios e a oferta deportiva.

Informou de que as novidades se irán introducindo gradualmente, de tal xeito que os usuarios non noten o cambio de empresa, feito ao que contribuirá a continuidade do persoal que xa viña traballando na Piscina. Establecerase un calendario para a execución das melloras e a introdución das novidades nos programas deportivos e na oferta de servizos.

Para rematar falou da primeira oferta para os novos abonados que van a poñer en marcha a partir de mañá, 1 de marzo, pola que non pagarán a matrícula e o terán un mes de balde.