Deportes

- Presentación da XVIII Subida ao Castro Barbudo - Open Galego de Cross Country Maratón (XCM) - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Presentación da XVIII Subida ao Castro Barbudo - Open Galego de Cross Country Maratón (XCM)

O Salón de Plenos do Concello de Rianxo acolleu a presentación da XVIII SUBIDA AO CASTRO BARBUDO – OPEN GALEGO DE CROSS COUNTRY MARATÓN, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, J. Ramón Castelo Vázquez, presidente da Peña Cicloturista Castro Barbudo.

A proba, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Federación Galega de Ciclismo, celebrarase o vindeiro 6 de agosto ás 9:00 h e entra dentro do calendario, por primeira vez, do circuíto de probas da Federación galega de Ciclismo.

As persoas participantes terán que dar 2 voltas a un circuíto de 31 km, cun desnivel acumulado de 1200 m por volta, ata completar os 62 km do Open de Maratón, mentres que as participantes da marcha cicloturista completarán 1 volta ao circuíto.