Deportes

- Presentación do encontro MONBÚS OBRADOIRO - FC PORTO BASKETBALL - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Presentación do encontro MONBÚS OBRADOIRO - FC PORTO BASKETBALL

A Casa do Concello de Rianxo foi o escenario da presentación do encontro amigable que disputarán o Monbús Obradoiro - FC Porto Basketball o vindeiro mércores, 30 de agosto, ás 20:30 h. O acto correou a cargo de Óscar Rodríguez, conselleiro do Obradoiro CAB, José Luis Mateo, director xeral do Obradoiro CAB e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.

Abriu a quenda de intervencións Óscar Rodríguez, que agradeceu ao Concello de Rianxo a súa disposición e colaboración para a organización deste encontro. Falou da vocación do Obradoiro CAB de ser o equipo de todos os galegos e que con actos coma este pretende achegarse á afección. Para rematar, destacou que se trata do primeiro encontro de pretempada que xogará o equipo e no que se poderán ver en xogo as novas fichaxes.

Adolfo Muíños mostrouse encantado de que Rianxo acolla un evento deste nivel deportivo e de recibir unha vez máis ao Obradoiro CAB. Sumouse ás verbas de Óscar Rodríguez recoñecendo a pegada do club máis alá dos límites de Santiago de Compostela, pois conta con moitos afeccionados en Rianxo e no Barbanza. Dixo tamén que Rianxo non podía deixar escapar esta oportunidade, pois é un xeito de contaxiarse do espírito competitivo e o ambiente que habitualmente se vive no Multiúsos do Sar. Rematou invitando a todos os rianxeiros, visitantes e veciños da comarca a participar do encontro e lograr que haxa unha boa entrada.

José Luis Mateo, despois de recoñecer que Rianxo e unha vila á que senten moi preto posto que teñen moitos afeccionados locais ou que veranean aquí, incidiu no aspecto máis deportivo do encontro. Explicou que se estrearán en Rianxo as seis novas fichaxes que fixo o club e que tamén será unha boa oportunidade para ver valores da canteira que están adestrando co primeiro equipo, cubrindo as baixas de xogadores convocados coas súas seleccións para o Eurobasket. Do FC Porto destacou que se trata dun dos clubs punteiros de Portugal e que disputa competicións europeas. Rematou dicindo que o obxectivo é a permanencia na ACB, aínda que son ambiciosos e traballan nun futuro con proxección para competir en Europa.

INFO DA VENDA DE ENTRADAS:
  • Servizo de Deportes: luns a venres de 8:30 a 14:30 h.
  • Pavillón de Rianxo:
    • Xoves 24: de 10 a 14 e de 19:30 a 22 h.
    • Venres 25: de 10 a 14 e de 19:30 a 22 h.
    • Sábado 26: de 10 a 14:30 e de 16 a 20 h.
    • Luns 28: de 10 a 14 h. e de 19:30 a 22 h.
    • Martes 29: de 10:15 a 12:15 e de 19:30 a 22 h.
    • Mércores 30: de 10 a 13 h. e de 17:30 ao inicio do partido.