Deportes

- Acto de presentación do II Trail subida Pico Muralla - Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Acto de presentación do II Trail subida Pico Muralla - Concello de Rianxo

Onte presentouse no Salón de Plenos do Concello de Rianxo o II TRAIL SUBIDA PICO MURALLA CONCELLO DE RIANXO, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Manuel Gómez Villanustre, presidente da Sociedade Deportiva Barbantia Roda, Jose Navarro, director deportivo de Barbantia Roda e o atleta rianxeiro desta entidade, Juan Carlos Rodríguez Torres.

O trail celebrarase o vindeiro 23 de xullo ás 10:30 h, organizado pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda e o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Os presentes explicaron os obxectivos e as motivacións que os levan a continuar coa organización deste evento, así como as características técnicas do mesmo.

Co obxectivo de facela máis atractiva, este ano decidiuse saír desde Rianxo, converténdoa nunha proba de 15 km cun desnivel de 670 m. O percorrido discorre polo paseo, por toda a ribeira do río Té, ascendendo por fragas ata Campelo, e remata no Pico Muralla, punto máis alto e septentrional do concello, a 678 m de altitude, onde se pode observar a totalidade da Ría de Arousa. Desde a organización entenden que a dureza do trail, en relación á edición anterior, é maior, pero ao mesmo tempo dunha beleza no percorrido difícil de igualar, que conxuga o aspecto deportivo, co lúdico e o turístico, e móstrase como unha forma de dar a coñecer o patrimonio natural do Concello de Rianxo.

As categorías son as de sénior, veteranos A e Veteranos B, tanto masculino como feminino.

Adolfo Muíños agradeceu a colaboración da Sociedade Deportiva Barbantia e a súa implicación na organización da proba.

A inscrición pode formalizarse ata o día 20 de xullo ás 24 h en emesports.es.