Deportes

- Programación de Nadal na Piscina Municipal - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Programación de Nadal na Piscina Municipal

Disfruta do Nadal na Piscina Municipal cun amplo programa lúdico e deportivo para toda a familia. Infórmate na recepción da Piscina (981 86 00 86 - rianxo@aquafitgestion.com). Aproveitamos para lembrar que os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro a Piscina estará pechada, e que o 24 e 31 de decembro, así coma o 5 de xaneiro, abrirá só en horario de mañá.

visita de papá noel

O martes, 23 de decembro, trae a túa carta e quita fotos con el de 17 a 19 h.

LUDOTECA PISCINA

Luns 22, martes 23 e mércores 24 de decembro de 11 a 13 h.. Para nenos de 4 a 12 anos. De balde para abonados (máximo 16 nenos/as por día).

ZUMBA EN AUGA

O venres 26. Pola mañá, de 11 a 12 h.  e pola tarde de 20 a 21 h. Reserva a túa praza (máximo 16 persoas por quenda).

inchables en piscina

Sábado 27, domingo 28, luns 29 e martes 30 de decembro.

obradoiro construción

Escribe a túa carta ós Reis Magos o martes 30, de 17 a 19 h.

maratón solidario  zumba  FAVOR DO POBO SAHARAUI

Clases de Zumba con Carmen Olveira, Nolo Romero e Anael Gómez. Trae un atuendo de nadal e por un prezo de 3 € colabora coa asociación "Solidariedade Galega polo Pobo Saharaui".