Deportes

- RIANXO EN NEGRO: Andaina en negro contras as violencias machistas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

RIANXO EN NEGRO: Andaina en negro contras as violencias machistas

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal organizan unha Andaina en Negro o 25 de novembro, ás 9 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo.

Saída
Praza de Padrón (xunto á Rianxeira), no Paseo da Ribeira.
08:45 h. Control de participantes e preparación de material.
09:00 h. Saída da andaina desde o punto sinalado.

Percorrido
A andaina ten como protagonista o mar e á muller traballadora. O lugar de saída non é casual, a estatua da Rianxeira representa á nosa muller traballadora, fundamentalmente  ligada ao mar. Ao longo da andaina tamén pasaremos por lugares relacionados co marisqueo a pé, tradicionalmente feito por mulleres, así como por zonas de cultivo, traballo no que tamén as mulleres eran e son protagonistas:

  • Itinerario do percorrido
  • Ruta circular que transcorre polo Concello de Rianxo con saída e chegada no Paseo da Ribeira, fronte á estatua da Rianxeira.
  • Iniciaremos a andaina polo paseo ata chegar á Praia da Torre. Unha vez alí continuaremos coa ruta ata a Burata, pasando por lugares como Cartomil, Ourolo,... O camiño de volta farase seguindo unha senda paralela á costa ata a Praia da Torre, para retomar o paseo marítimo e rematar en Rianxo.
  • Distancia: 12 km
  • Dificultade: Media – baixa
  • Tempo: 3 h aprox.

Datos de interese

  • Custo:  de balde.
  • A actividade vai dirixida a  todos os públicos. As menores de 14 anos deberán ir acompañadas dunha persoa adulta.
  • Non se poderá levar animais de compañía.
  • A organización  resérvase a facultade de decidir o aprazamento ou a suspensión da actividade no caso de que as condicións climatolóxicas se consideren adversas.

Agasallo
As 100 primeiras inscritas, que participen na andaina, terán como agasallo unha camiseta de “Rianxo en Negro”.