Deportes

- Torneo de Volei Praia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Torneo de Volei Praia

Voltamos un ano máis co torneo de voleipraia de Rianxo, organizado polo Club Voleibol Rianxo.

Celebrarase o vindeiro venres 19 na praia de Tanxil as 16:30h e contará cas seguintes categorías:

  • Menores (ata 11 anos)
  • Sub 15
  • Maiores (16 anos en adiante)

Os menores xogarán todos xuntos. Tanto sub15 coma maiores dividirase en masculino e femenino. A categoría mixta será única.

A inscrición é de balde e poderase facer no pavillón municipal, por mensaxe neste facebook e no whatsapp 680355907.

Os equipos estarán formados por dous xogadores e o formato de competición será eliminatoria directa a un set de 21 puntos.

Como novidade este ano contaremos cunha pista para os pequenos e tres pistas máis para o resto das categorías.

Tanto se che apetece probar o voleipraia como se xa eres un experimentado xogador, non dubides en anotarte!