Deportes

- Trail Castro Barbudo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Trail Castro Barbudo

O Trail de Castro Barbudo, última proba do Arousa-Revolutrion Trail Series 2016, disputarase o 3 de abril, a partir das 11 h. en Taragoña.

A presentación tivo lugar en Rianxo, no Salón de Plenos do Concello, e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Irene Maneiro, Xerente da Mancomunidade Arousa - Norte, e Eduardo Iglesias, de Arousa Natureza e Ocio, debullaron os detalles deste evento:

"Con saída e chegada en Campo Maneiro (Taragoña), o percorrido permitiranos presumir de montes, de bosques, e de camiños... Nada máis comezar sumerxímonos nun bosque de acacias, grandes e mestas que apenas deixan pasar a luz de sol, e que inundan de misterio cada camiño que serpentea entre elas. Emerxemos en Castro Barbudo, cumio benquerido polos veciños e afeccionados ao monte daquela zona. Transitando por Ourille encaramos cortalumes abruptos, con desniveis de vértigo que nos levan ao Monte da Cruz, que será o punto máis alto do percorrido, para logo baixar igualmente por cortalumes que quebrarán os músculos coa súa pendente. E de volta, atopámonos de novo co bosque de acacias que rodea Castro Barbudo e que nos devolverá ao punto de saida."

Ao remate farase a entrega de premios aos campiós e campioas, e a camiseta de finalista do circuito.

Información, Inscrición e regulamento do Arousa-Revolutrion Trail Series

  • Día: 3 de Abril de 2016 
  • Hora: 11:00 h.
  • Saída e chegada: Polideportivo de Taragoña (Rianxo)
  • Información: Arousa Natureza e Ocio
  • Inscricións: www.arousa.com e www.galitiming.com
  • Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
  • Teléfono de información: 638 811 000
  • Distancia: 13 km.
  • Desnivel+: 490 m.
  • Custe inscrición: 8€
  • Data límite inscrición: 30 de Marzo