Deportes

- Vestiarios Campo de Fútbol Municipal da Lomba - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Vestiarios Campo de Fútbol Municipal da Lomba

O Concello de Rianxo vai pór esta fin de semana a disposición dos clubs de fútbol os novos vestiarios do Campo de Fútbol Municipal da Lomba. O novo equipamento inclúe dous vestiarios colectivos, un para árbitros/as-técnicos/as e dous adaptados.

A construción deste equipamento foi financiada a través do Plan Único da Deputación 2017, cun investimento total de 151.925,28 €, dos que o Concello achegou 47.927,59 € e o ente provincial 103.997,69 €.
A maiores, o Concello de Rianxo investiu 10.000 € no acondicionamento dos accesos aos vestiarios e 6.000 € no equipamento interior (bancos, percheiros...).  Para completar a actuación, están previstas antes do remate do ano, unhas obras de renovación dos vestiarios vellos por importe de 11.000 € entre obra e equipos.

O investimento total con estas actuacións complementarias ascende entón a 179.925,28 €, dos que o Concello achega 74.927,59 €, máis do 40 %.

Con esta estrea, o campo contará cun total de catro vestiarios colectivos, dous para árbitros/as e técnicos/as e dous adaptados, avanzando un paso máis nas melloras desta instalación, iniciadas coa dotación do céspede artificial e da iluminación (2010).

O incremento de vestiarios permitirá un uso mais eficiente da instalación, ao incrementárense as horas de uso e, polo tanto, o número de deportistas que o poden utilizar, ben adestrando ou ben competindo. Agora mesmo, o campo de fútbol da Lomba utilízase de xeito habitual polo CCD Taragoña, a SD Araño e o Club Inter-Atlántico.