Deportes

- VI Carreira Popular Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

VI Carreira Popular Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a VI Carreira Popular Concello de Rianxo, o xoves 1 de novembro de 2018. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Información e inscricións

No Servizo de Deportes, nos pavillóns polideportivos municipais, e en emesports.es

Prazo

Ata o luns 29 de outubro de 2018 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos.

Onde

emesports.es

Prezo

  • Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.
  • 6 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos.
  • 20 € Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte ( 4 probas ).

Categorías

  • Xoubas 2014-2015-2016. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.

  • Sardiñas 2012-2013.

  • Benxamín (sub 10) 2010-2011.

  • Alevín (sub 12) 2008-2009.

  • Infantil (sub 14) 2006-2007.

  • Cadete (sub 16) 2004-2005.

  • Xuvenil (sub 18) 2002-2003.

  • Júnior (sub 20) 2000-2001.

  • Promesa (sub 23) 1997-1998-1999.

  • Sénior de 1996 ata veterano/a 1.

  • Veterano/a 1 de 35 a 40 anos.

  • Veterano/a 2 de 41 a 49 anos.

  • Veterano/a 3 de 50 a 59 anos.

  • Veterano/a 4 de 60 anos en diante.

Lugar de saída e percorrido

Saída e chegada na Praza de Castelao.

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.

    Percorrido amarelo: 100 m.

    Percorrido verde: 500 m.

    Percorrido azul: 750 m.

    Percorrido vermello: 3.333 m.


Distancias e horarios

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m.

10:45 h.

Amarelo – 100 m.

1

Sardiñas

500 m.

11:00 h.

Verde – 500 m.

1

Benxamín - Sub 10

1.000 m.

11:10 h.

Verde – 500 m.

2

Alevín - Sub 12

1.500 m.

11:25 h.

Azul - 750 m.

2

Infantil - Sub 14

2.250 m.

11:40 h.

Azul – 750 m.

3

Cadete - Sub 16

6.600 m.

12 h..

Vermello

2

Xuvenil -Sub 18
Júnior - Sub 20
Promesa - Sub 23 Sénior
Veteranos/
as

10.000 m.

12 h.

Vermello

3

Retirada de dorsais e chips

Na Praza  Castelao o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma.

Os participantes no Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2018, terán que achegarse co seu dorsal de competición á zona de retirada de dorsais para recoller o agasallo de participación.ada de dorsais, o mesmo día da proba, nos seguintes lugares:
  

Control por chip

Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, as demais persoas participantes estarán controladas a través dun chip que se entregará xunto co dorsal.

Premios

A Clasificación e Premios do circuíto regúlanse no Artigo 7 do Regulamento do III Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte.

Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:

Medallas

Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Trofeos

Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.

Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.

Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.

Trofeo ao club con mais participantes.

Premios

Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €, 2º-100 € e 3º-50 €.

Agasallos

Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23), sénior e veteranos recibirán un agasallo técnico.