Deportes

- VI Travesía a Nado Vila de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

VI Travesía a Nado Vila de Rianxo

O domingo 12 de xuño vai ter lugar en augas do porto de Rianxo a VI TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE RIANXO. Esta proba é froito da boa comunicación e colaboración entre a empresa xestora da piscina municipal, Aquafitgestión S.L. e o Concello de Rianxo.

"Carlos Brión, gañador do ano pasado, Juan Carlos, adestrador do Club Natación Riveira, Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes e Patrimonio Histórico e Óscar Rial, Director da Piscina Municipal estiveron no porto rianxeiro revisando os últimos detalles da organización da Travesía e do seu percorrido en augas da ensenada de Rianxo onde o vindeiro domingo 12 de xuño vai ter lugar en augas do porto a VI TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE RIANXO.

Esta proba é froito da boa comunicación e colaboración entre a empresa xestora da piscina municipal, Aquafitgestión S.L. e o Concello de Rianxo.

A proba comezará as 11:30 horas e conta cunha inscrición próxima aos 200 participantes que se distribúen nas seguintes 5 categorías:

  • Categoría A: 3000 metros.
    Só poderán participar nadadores/as federados, ou persoas que acrediten participación en outras edicións/ travesías nesa distancia.
  • Categoría B: 2000 metros.
    Só poderán participar nadadores/as federados, ou persoas que acrediten participación en outras edicións/ travesías nesa distancia.
  • Categoría C: 1400 metros.
    Participación libre.
  • Categoría D: 900 metros.
    Participación libre.
  • Categoría 12/16: 900 metros.
    Só participarán nadadores de clubs.

Está previsto que a proba remate arredor das 13 horas, procedéndose a continuación á entrega de trofeos. Haberá premio para os 3 primeiros de cada categoría, tanto masculino coma feminino. Todos/as os/as participantes recibirán un diploma.

O remate da proba agasallarase aos participantes cun aperitivo e realizarase o sorteo dunha noite nun hostal de Rianxo.