Deportes

- VII Carreira Popular Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

VII Carreira Popular Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a VII Carreira Popular Concello de Rianxo, o venres 1 de novembro de 2019. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Información e inscricións

No Servizo de Deportes, nos pavillóns polideportivos municipais, e en emesports.es​​​​​​​

Prazo

Ata o martes 29 de outubro de 2019 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos.

Onde

emesports.es​​​​​​​

Prezo

  • Gratuíto para as categorías de Xoubas a Sub16.
  • 6 € nas categorías Sub18, Sub20, Sub23, Sénior, Máster1, Máster2, Máster3 e Máster4.
  • 20 € Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte ( 4 probas ).

Categorías

  • Xoubas H/M 2014-2015-2016. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.

  • Sardiñas H/M 2012-2013.

  • Benxamín (sub 10) H/M 2010-2011.

  • Alevín (sub 12) H/M 2008-2009.

  • Infantil (sub 14) H/M 2006-2007.

  • Cadete (sub 16) H/M 2004-2005.

  • Xuvenil (sub 18) H/M 2002-2003.

  • Júnior (sub 20) H/M 2000-2001.

  • Promesa (sub 23) H/M 1997-1998-1999.

  • Sénior H/M de 1996 a 1985.

  • Máster1 H/M de 1984 a 1979.

  • Máster2 H/M de 1978 a 1970.

  • Máster3 H/M de 1969 a 1960.

  • Máster4 H/M de 1959 en adiante.

Lugar de saída e percorrido

Saída e chegada na Praza Castelao.

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.

    Percorrido amarelo: 100 m

    Percorrido verde: 500 m

    Percorrido azul: 750 m

    Percorrido laranxa: 2.700 m

    Percorrido vermello: 7.300 m


Distancias e horarios

​​​​​​​

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m

10:45 h

Amarelo – 100 m

1

Sardiñas

500 m

11:00 h

Verde – 500 m

1

Benxamín-Sub 10

1.000 m

11:10 h

Verde – 500 m

2

Alevín-Sub 12

1.500 m

11:25 h

Azul - 750 m

2

Infantil-Sub 14

2.250 m

11:40 h

Azul – 750 m

3

Cadete-Sub 16

7.300 m

12 h

Vermello

1

“Sapatilla” inclusiva

7.300 m

12 h

Vermello

1

Xuvenil-Sub 18
Júnior-Sub 20
Promesa-Sub 23-Máster

10.000 m

12 h

Vermello+ laranxa

1

 

Retirada de dorsais e chips

Na Praza Castelao o mesmo día da proba a partir das 9:00 h e ata o inicio desta.

Os participantes no Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2019 terán que achegarse o mesmo día da proba co seu dorsal de competición á zona de retirada de dorsais para recoller o agasallo de participación.

Control por chip

Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, as demais persoas participantes estarán controladas a través dun chip que se entregará xunto co dorsal.

Premios

A clasificación e os premios do circuíto regúlanse no Artigo 6 do Regulamento do IV Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte.

Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:

Medallas

Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Trofeos

Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta, tanto en categoría feminina coma na masculina.

Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría: feminina e masculina.

Trofeo Xosé Neira Hermida ao primeiro e primeira corredor/a local.

Trofeo ao club con máis participantes.

Premios

Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto na categoría feminina coma na masculina, cos seguintes premios: 1º: 150 €, 2º: 100 € e 3º: 50 €.

Agasallos

Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23), sénior e máster recibirán un agasallo técnico.