Deportes

- VII Marcha BTT "Concello de Rianxo" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

VII Marcha BTT "Concello de Rianxo"

O domingo 10 de febreiro celebrarase a “VII Marcha BTT Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo.

Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña dividida, en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media - 50 km) e (longa - 72 km). De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase unha andaina de 20 km.

Programa:

    8:00 h.    Recollida de dorsais
    9:00 h.    Saída das marchas do Porto de Rianxo
    11:00 h.  1º Corte – Ruta CURTA 32 km.
    11:45 h.  2º Corte – Ruta MEDIA 50 km.
    15:00 h.  Hora estimada da chegada.

Inscricións

Ata o 6 de febreiro ás 22 h ou ata completar inscricións, con dous prezos en función da data:

  1. 10 € ata o 27 de xaneiro.
  2. 15 €, do 28 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Inscríbete en emesports.es

Descargas: