Deportes

- VIII BTT Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

VIII BTT Concello de Rianxo

O domingo 9 de febreiro celebrarase a “VIII Marcha BTT Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo Concello de Rianxo.

Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media - 50 km) e (longa - 72 km). De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase unha andaina de 19 km.

Programa:

    8:00 h.    Recollida de dorsais
    9:00 h.    Saída das marchas do Porto de Rianxo
    11:00 h.  1º Corte – Ruta CURTA 32 km.
    11:45 h.  2º Corte – Ruta MEDIA 50 km.
    15:00 h.  Hora estimada da chegada.

Inscricións

Ata o 5 de febreiro ás 22 h ou ata completar inscricións, con dous prezos en función da data:

10 € ata o 29 de xaneiro.

15 €, do 30 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Inscríbete en emesports.es

Descargas:

Regulamento

Percorrido BTT Curta

Percorrido  BTT Media

Percorrido BTT Longa

Percorrido Andaina (20 km)