Deportes

- VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e o Club Atletismo Rianxo organizan a VIII Carreira Popular Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2022. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

  • VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
  • V Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Bases de organización da proba.

Plano do percorrido e servizos​​​​​​​​​​​​​​.

Información e inscricións

No Servizo de Deportes, nos pavillóns polideportivos municipais, e en emesports.es​​​​​​​

https://eventos.emesports.es/inscripcion/viii-carreira-popular-concello-de-rianxo/inscripcion_datos/

Ata o venres 28 de outubro de 2022 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos.

Onde

emesports.es​​​​​​​

Prezo

Gratuíto para as categorías de Xoubas a Sub16.

6 € nas categorías Sub18, Sub20, Sub23, Sénior, Máster1, Máster2, Máster3 e Máster4.

20 € Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte ( 4 probas ).

Categorías

  • Xoubas H/M 2017-2018-2019. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.

  • Sardiñas H/M 2015-2016.

  • Sub 10 H/M 2013-2014.

  • Sub 12 H/M 2011-2012.

  • Sub 14 H/M 2009-2010.

  • Sub 16 H/M 2007-2008.

  • Sub 18 H/M 2005-2006.

  • Sub 20 H/M 2003-2004.

  • Sub 23 H/M 2000-2001-2002.

  • Sénior H/M de 1988 ata 1999.

  • Máster 1 H/M de 1982 ata 1987.

  • Máster 2 H/M de 1972 a 1981.

  • Máster 3 H/M de 1962 a 1971.

  • Máster 4 H/M de 1961 e anteriores.

  • “Sapatilla” inclusiva Categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional.

 

Lugar de saída e percorrido

 

Saída e chegada na Praza Castelao.

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.

    Percorrido amarelo: 100 m

    Percorrido verde: 500 m

    Percorrido azul: 750 m

    Percorrido vermello: 3.333 m


Distancias e horarios

​​​​​

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m.

10:45 h.

Amarelo – 100 m.

1

Sardiñas

500 m.

11:00 h.

Verde – 500 m.

1

Sub 10

1.000 m.

11:10 h.

Verde – 500 m.

2

Sub 12

1.500 m.

11:25 h.

Azul - 750 m.

2

Sub 14

2.250 m.

11:40 h.

Azul – 750 m.

3

Sub 16

6.600 m.

12 h..

Vermello

2

“Sapatilla” inclusiva

6.600 m.

12 h..

Vermello

2

Sub 18 -
Sub 20 - Sub 23 -

Sénior - Máster

10.000 m.

12 h.

Vermello

3

 

 

 

Retirada de dorsais e chips

Na Praza Castelao o mesmo día da proba a partir das 9:00 h e ata o inicio desta.

Os participantes no Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2022, terán que recoller un dorsal novo de competición en cada proba, incluída esta, co cal terán que competir.

Control por chip

Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, as demais persoas participantes estarán controladas a través dun chip que se entregará xunto co dorsal.

Premios

A clasificación e os premios do circuíto regúlanse no Artigo 7 do Regulamento do V Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte.

Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:

Medallas

Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.

Trofeos

rofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.

Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.

Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.

Trofeo ao club con mais participantes.

Premios

Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto na categoría feminina coma na masculina, cos seguintes premios: 1º: 150 €, 2º: 100 € e 3º: 50 €.

Agasallos

Os participantes nas categorías Sub 18, Sub 20, promesa Sub 23, sénior e máster recibirán un agasallo técnico.