Deportes

- Walk &Trail Arousa Norte 2014 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Walk &Trail Arousa Norte 2014

O próximo 12 de abril de 2014 vaise levar a cabo a carreira de montaña II Ultratrail do Barbanza no marco do evento Walk & Trail Arousa Norte 2014, organizado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira).

Esta proba de ultra resistencia de montaña, ten a súa segunda edición este ano que  constará de dúas carreiras (un Ultra Trail e un Trail) e unha  especial para nenos e nenas.

Na primeira carreira, Ultra Trail, os corredores percorrerán 85 km con un desnivel acumulado de 3.700 m, saíndo o sábado 12 de abril ás 6:30 h dende o Cámping Ría de Arosa II, en Riveira (A Coruña), lugar onde tamén será a meta, percorrendo A Serra do Barbanza, nun circuíto marcado pola beleza e dureza do contorno.

Os corredores do Trail sairán ás 9:30 h dende o mesmo punto percorrendo un  total de 35 km por un circuíto que discorre polo mesmo contorno que o Ultra Trail (carreira de 85 km) e que conta cun desnivel de 1.447 m .

Para as nenas e nenos, deseñouse un percorrido de 5 km nas inmediacións da zona de saída e meta para que poidan disfrutar do contorno de este tipo de carreiras e coñecer de primeira man este apaixonante deporte.

A Serra de Barbanza caracterízase por un fermoso e moi técnico percorrido onde prevalece a pedra granítica sobre o sendeiro, onde o mar e as “mámoas”  acompañarán aos corredores case na totalidade do seu percorrido.

A zona do percorrido fai que a carreira teña un especial interese non só pola dureza senón pola beleza e singularidade, o que a converte nun lugar de culto para todos os amantes da montaña, sendo un factor importante que pode posicionar esta carreira nunha meta imprescindible no calendario de calquera corredor de montaña.

Dende a organización estanse facendo grandes esforzos para consolidar esta proba tanto a nivel local como nacional, e como atractivo e selo de calidade da proban destacan os 2 Puntos  que a organización do  Ultra Trail Mont Blanc outorga para todos os que finalicen a carreira de 85 km (Ultra Trail). O Ultra del Mont Blanc é a proba máis prestixiosa do mundo e unicamente poden optar a participar nela aqueles corredores que acumulen unha serie de puntos nas carreiras puntuables.

Toda a información poderán atopala en www.arousa-norte.es

Ou no facebook  https://www.facebook.com/arousanortewalktrail2014