Deportes

Organizada pola P.C. Castro Barbudo e o Concello de Rianxo - X Marcha BTT Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

X Marcha BTT Concello de Rianxo

Organizada pola P.C. Castro Barbudo e o Concello de Rianxo

O domingo 12 de febreiro vaise celebrar a X Marcha BTT "Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo servizo de deportes do Concello de Rianxo.  

Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media - 50 km) e (longa - 72 km).

De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase a VI Andaina "Concello de Rianxo", de 20 km.

Información básica

Domingo, 12 de febreiro de 2023

Hora: 9 a 15 h.

Saída e chegada: porto de Rianxo

Modalidade: evento deportivo non federado

Categoría: maiores 18 anos (14 a 17 anos con autorización)

Programa:

8:00 h.    Recollida de dorsais

9:00 h.    Saída das marchas do Porto de Rianxo

11:00 h.  1º Corte – Ruta CURTA 32 km.

11:45 h.  2º Corte – Ruta MEDIA 50 km.

15:00 h.  Hora estimada da chegada dos últimos participantes.

Instrucións para inscrición e prazos

Formalizar a inscrición a través de emesports.es e realizar o pagamento:

Inscrición marcha BTT

Inscrición andaina​​​​​​​

Cota:

15 € ata o 31 de xaneiro.

20 € a partir do 1 de febreiro e ata peche de inscricións.

Peche de inscricións: mércores 8 de febreiro ás 23:59 h.

Documentación a entregar o día da proba

Oficina organización aberta a partir das 8 h. na lonxa vella (porto de Rianxo) para retirada de dorsais e entrega de documentación:​​​​​​​

  1. Autorización, no caso dos menores de idade.

Descargas

  1. Regulamento
  2. Tracks (publicaranse en breve)
    1. BTT curta
    2. BTT Media
    3. BTT Longa​​​​​​​
    4. Andaina
  3. Autorización menores de idade

Para ampliar información:

Actualizaremos a información nos FBs da P.C. Castro Barbudo e do Servizo de Deportes:

FB - P.C. Castro Barbudo

FB - Servizo de Deportes - Rianxo​​​​​​​

Tamén podes consultarnos por correo ou teléfono:

castrobarbudo@gmail.com

deportes@concelloderianxo.gal

Servizo de Deportes - Rianxo 981 86 63 81