Deportes

- Xadrez: V Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Xadrez: V Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo

O Pavillón de Rianxo acollerá o 31 de agosto o V Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA – Concello de Rianxo, valedeiro para ELO FIDE e para o VIII Circuíto Galego de Promoción e que está organizado polo Club Xadrez Rianxo.

O Trofeo, dirixido a participantes de todas as idades, acolle tres competicións: a absoluta, na que está previsto que participen algúns grandes mestres internacionais, a de promoción, para categorías sub-14 e a afeccionada, aberta a calquera xogador non federado.

Na presentación do evento, na que participaron o Alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o Concelleiro de Deportes, Joaquín Domínguez, e o Vicepresidente do Club Xadrez Rianxo, Néstor Martínez, destacouse a importancia deste Trofeo, que se está a converter nunha proba de referencia no calendario galego. No contexto de crise coma o actual resulta difícil organizar un evento deste nivel, sendo só posible polo esforzo do propio Club Xadrez Rianxo, do Concello de Rianxo e do patrocinio de DISTRIBUNOSA.

O Club Xadrez Rianxo, a pesar de ser relativamente xove, conta con pouco mais de 5 anos,  aposta forte pola organización de actividades de promoción e competición do xadrez, tendo xa unha considerable experiencia neste tipo de eventos, entre os que que destacan este Torneo e o Campionato Galego de Xadrez Activo entre outros.

Por último destacar o esforzo e patrocinio de DISTRIBUNOSA, empresa que fai todo o posible por apoiar non só este Trofeo se non tamén toda a actividade do Club Xadrez Rianxo.

Bases do V Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo