Deportes

- XI Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

XI Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo

O sábado, 19 de xullo, celebrarase en augas de Rianxo a XI Bandeira de Traiñeiras “CONSERVERA DE RIANXO – CONCELLO DE RIANXO”, pertencente á LGT-B.

A regata disputarase sobre unha distancia de  5.556  m., (3 millas náuticas) en catro longos e tres ciabogas. Estará composta por dúas quendas de 5 e 4 participantes cada unha. A clasificación final establecese por tempos, gañando a Bandeira a embarcación que acade o mellor tempo, independentemente da quenda. Repartiranse entre os participantes un total de 6.000 €, segundo o establecido pola Liga Galega de Traiñeiras, ademais da tradicional Bandeira que se entragará ao club vencedor.

O programa da XI Bandeira é o seguinte:

16:00 h. Comprobación do Campo de Regatas
16:30 h. Reunión de delegados.
18:00 h. Inicio da regata e saída da primeira quenda.
18:30 h. Inicio da segunda quenda

19:00 h. Entrega da bandeira ó vendedor. A entrega realizarase no mar.

A Bandeira está organizada polo Club de Remo Rianxo, colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Patrocina Conservera de Rianxo, S.A. e Concello de Rianxo.