Deportes

- XII Trofeo de Fútbol "Concello de Rianxo" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

XII Trofeo de Fútbol "Concello de Rianxo"

Este sábado, 10 de agosto, disputarase o XII Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo no que participan os clubs de fútbol de Rianxo: C.C.D. Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño. Este ano a principal novidade é a participación da S.D. Araño, que levaba  desde a segunda edición sen participar e que esta tempada vai competir en 3ª Autonómica.

Nesta edición, tócalle exercer de anfitrión ao C.D. Unión, que corre coa organización do trofeo que se disputará no Campo de Fútbol Municial de Vilas (Asados) a partir das 18.30 h., baixo a modalidade Fiorucci, na que os tres equipos competirán entre si en tres partidos de 45'.

A orde dos partidos é a seguinte:

  1. S.D. Araño - C.C.D. Taragoña
  2. C.D. Unión - S.D. Araño
  3. C.C.D. Taragoña - C.D. Unión