Deportes

- XIII Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

XIII Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo

Este sábado, 9 de agosto, disputarase o XIII Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo no que participan os clubs de fútbol de Rianxo: C.C.D. Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño.

Nesta edición, tócalle exercer de anfitrión á S.D. Araño, que corre coa organización do trofeo que se disputará no Campo de Fútbol Municial de Vilas (Asados) a partir das 19 h., baixo a modalidade Fiorucci, na que os tres equipos competirán entre si en tres partidos de 45'.

A orde dos partidos é a seguinte:

  1. S.D. Araño - C.D. Unión
  2. C.C.D. Taragoña - Perdedor partido 1
  3. C.C.D. Taragoña - Gañador partido 1