Deportes

- Xornada de convivencia Club de Remo Rianxo - Asociación AMBAR - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Xornada de convivencia Club de Remo Rianxo - Asociación AMBAR

Este venres, 19 de outubro, terán lugar as primeiras xornadas de convivencia entre o Club de Remo Rianxo e a Asociación AMBAR.

O obxectivo da actividade é que persoas con diversidade funcional teñan acceso ao deporte do remo, coñecendo as interioridades e caracterísiticas desta modalidade deportiva, co fin contribuir á súa integración e mellora da calidade de vida.

Así, directivos, adestradores e deportistas  do Club de Remo Rianxo farán de anfitrións para os membros de AMBAR e mostraranlle as súas instalacións, os materiais e embarcacións que utilizan e terminarán cun Bautismo de Mar en traiñeira que lles permitirá vivir en primeira persoa a sensación de remar nesta embarcación deportiva tradicional.

A xornada desenvolverase entre as 10:30 e as 13:30 h. no Club de Remo Rianxo e nas augas da ensenada de Rianxo.