Deportes

- Xornada de Marcha Nórdica - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Xornada de Marcha Nórdica

O Servizo de Deportes organiza unha Xornada de Introducción á Marcha Nórdica, que se celebrará o sábado, 21 de novembro, no Pavillón de Rianxo entre as 11 e as 12:30 h.

A presentación vai dirixida a persoas maiores de 16 anos, xa que se trata dunha actividade apta para todas as idades e todo tipo de condición física, que desexen coñecer os fundamentos e beneficios desta modalidade de marcha, que consiste en camiñar cuns bastóns especialmente deseñados para elo, coordinando os movementos das extremidades por medio da execución dunha técnica determinada, que da como resultado un movemento fluído e agradable que exercita a meirande parte da musculatura corporal, cun maior gasto enerxético que a marcha convencional e con menor sensación de esforzo respecto doutras actividades de similar consumo calórico.

Para obter mais información ou inscribirse poden dirixirse ao Servizo de Deportes (981.866.381) ou aos pavillóns polideportivos municipais.