Deportes

- Xornada de portas abertas na Piscina Municipal - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Xornada de portas abertas na Piscina Municipal

A Piscina Municipal de Rianxo organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de maio, venres, co a intención de que toda a poboación de Rianxo poida acceder ás instalacións deportivas de xeito gratuíto.

O obxectivo é dar a coñer a instalación e a súa oferta de actividades a través dun maratón de fitnes que se desenvolverá na propia instalación e no seu aparcadoiro. As actividades van dirixidas a tódalas idades e, entre outras, poderemos practicar aerocombat, zuma, ioga, obradoiros infantís, exhibición grupo de natación sincronizada, aerobic infantil, cross fit, boxeo, quedada de running, ciclo, abdominais con bosu...

Esperámoste o venres pola tarde. Se precisas mais información de horarios e actividades podes preguntar na piscina ou chamarnos ao 981 86 00 86.