Deportes

- Xornadas de ACTIVIDADE FÍSICA e DEPORTE en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Xornadas de ACTIVIDADE FÍSICA e DEPORTE en Rianxo

O 5 de maio desenvolverase a segunda das xornadas, co tema Primeiros Auxilios e impartida por Roberto Barcala-Furelos.

Aínda estás a tempo de inscribirte!

 

 

O Seminario Galego de Deporte Base Concello de Rianxo organiza en Rianxo as Xornadas de Actividade Física e Deporte, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo.

As xornadas desenvolveranse na Piscina Municipal de Rianxo nos meses de abril, maio e xuño, e abordaranse temas de nutrición, primeiros auxilios e adestramento da forza e da resistencia, da man de profesionais do ámbito do deporte e da actividade física.

Datas:

  • Nutrición: 7 de abril
  • Primeiros Auxilios: 28 de abril
  • Forza: 19 de maio
  • Resistencia: 9 de xuño

Inscrición e información:

A inscrición pode formalizarse no formulario da web do Seminario.

Información específica de cada unha das xornadas no facebook do seminario.

Tarifas:

As tarifas, con descontos para as persoas abonadas á piscina, as pertencentes aos clubs deportivos e as que asistan a todas as xornadas, son as seguintes:

  • Xeral. 1 xornada: 3 € | 4 xornadas: 9 €
  • Persoas abonadas á piscina. 1 xornada: 2 € | 4 xornadas: 6 €
  • Clubs deportivos. 1 xornada: 10 € (ata 5 adestradores) | 4 xornada: 30 € (ata 5 adestradores).

As tarifas abonaranse na piscina municipal.