Deportes

- XX Ruta Castro Barbudo - BTT e Andaina - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

XX Ruta Castro Barbudo - BTT e Andaina

A Peña Cicloturista Castro Barbudo organiza a XX Ruta Castro Barbudo en bicicleta de montaña e, simultaneamente, unha andaina, que se celebrarán o domingo, 14 de xullo de 2019, con saída ás 9 h. desde Campo de Pazos–Taragoña e chegada o Campo Maneiro.

A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente a competición.

A idade mínima para poder participar na marcha será de 18 anos e a idade máxima de 75 anos. Os que teñan 14 anos ou máis, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor/a.

Información e inscricións ata o martes, 9 de xuño, ás 22 h. a través de emesports.