Andainas

- Andaina 01: Vilas - Paradegua - Isorna - Vilas - Concello de Rianxo

O DEPORTE DE ANDAR

Andar é deporte e desde o Servizo de Deportes poñemos a disposición da poboación os percorridos dalgunhas das andainas organizadas por este departamento nos últimos tempos, coa finalidade de que se poidan facer de xeito libre.

Son percorridos elaborados polos técnicos do servizo e que discorren por camiños do concello ou de concellos limítrofes.

En cada unhas pestanas hai información completa sobre a ruta e pódense descargar os tracks para gps ou móbil (as rutas non están sinalizadas físicamente).

Mais información no Servizo de Deportes.

CAMIÑOS

Andaina 01: Vilas - Paradegua - Isorna - Vilas

Ruta circular con saída desde o campo de fútbol de Vilas. É unha ruta sinxela que nos permite observar mámoas e panorámicas da desembocadura do río Ulla e da ría de Arousa.