Deportes

Deportes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

A semana pasada abriuse o prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais para a tempada de inverno 2021. É unha oferta adaptada aos tempos que discorren, marcados polas restriccións e as medidas de prevención para garantir a seguridade na práctica deportiva. Así, prográmanse actividades e modalidades deportivas de carácter individual ou colectivas sen contacto físico. A pesar...

Actualizamos os horarios de apertura dos pavillóns polideportivos: do 7 de agosto ao 13 de setembro. Así mesmo, tamén se actualiza o horario de reserva da pista polideportiva do colexio Ana Mª Diéguez (Asados). As reservas poden facerse no pavillón polideportivo de Rianxo ou na oficina do Servizo de Deportes. Recordamos que tamén se poden reservar as redes de tenis para o seu uso nas pistas...

Actualizamos os horarios de apertura dos pavillóns polideportivos: do 31 de agosto ao 6 de setembro. Así mesmo, tamén se actualiza o horario de reserva da pista polideportiva do colexio Ana Mª Diéguez (Asados). As reservas poden facerse no pavillón polideportivo de Rianxo ou na oficina do Servizo de Deportes. Recordamos que tamén se poden reservar as redes de tenis para o seu uso nas pistas...

O Servizo de Deportes informa de que o vindeiro venres 28 de agosto rematan as actividades deportivas municipais para nenos/as e para adultos/as. Ao longo do mes de setembro publicaremos información  sobre as actividades deportivas municipais Inverno 2021.

O domingo 16 de agosto disputarase en Rianxo a XVII Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo" e a I Bandeira Cortizo Traiñeiras Feminina organizadas polo Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo. A regata masculina pertence ao calendario da LGT-A 2020, da que o Club de Remo Rianxo forma parte e a feminina á Liga Galega. A cita é a partir das 11:30 h para a bandeira feminina e ás 12:00 h...

Hoxe, 13 de xullo, comezan as Actividades Deportivas Municipais Verán 2020. Publicamos unhas normas xerais de actuación nos seguintes ámbitos: Normas xerais de acceso a instalación Utilización por parte dos deportistas Medidas de hixiene nas instalacións

Publicamos a información sobre as actividades deportivas que se van desenvolver nas parroquias do concello. Recordamos que o prazo de inscrición remata o vindeiro xoves, 9 de xullo.  

O Servizo de Deportes informa da apertura do prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais Verán 2020. Este ano o programa modificou o seu habitual desenvolvemento por mor das especiais condicións derivadas da emerxencia sanitaria. Como novidade e co obxecto de organizar os grupos, este ano existe un número limitado de prazas para as actividades. No caso de superar o número...

A piscina municipal de Rianxo, xestionada por BeOne, permaneceu pechada máis de tres meses ao público como consecuencia da declaración do Estado de Alarma pola COVID-19. Desde o día 22 de xuño, reabrirá as súas portas despois de implantar múltiples protocolos, medidas de seguridade e hixiene para adaptar o centro á “nova normalidade”. O obxectivo de BeOne é conseguir que o usuario...

O Consello Superior de Deportes publicou a súa guía, na que dan resposta ás dúbidas máis comúns sobre a práctica do deporte durante a Fase III. FAQs Fase III - Consejo Superior de Deportes (CSD). Preguntas e Respostas.  

Publicamos as principais novidades relativas á práctica deportiva na Fase III e á súa aplicación en Rianxo (máis información no Servizo de Deportes). Ata o momento non se permiten prácticas deportivas en grupo nin deportes colectivos.  

Publicamos a información relativa á práctica deportiva na Fase II e a súa aplicación en Rianxo (máis información no Servizo de Deportes). Normas xerais de uso de pistas polideportivas, instalacións deportivas municipais e instalacións dos clubs Polo momento abren as instalacións de remo e as de piragüismo. Tamén se poderá, con cita previa, practicar tenis nas pistas polideportivas descubertas...

A partir do luns, 1 de xuño, poderanse reservar redes de tenis para a práctica deste deporte nas pistas polideportivas descubertas. Preme nas seguintes ligazóns para máis información: Horarios de reserva e instalacións Regulamento reserva redes de tenis Recomendacións para a práctica do tenis   Máis información na oficina do Servizo de Deportes.

Aquafit, xestora concesional da Piscina Municipal, e o Concello de Rianxo, chegaron a un acordo para poñer ao alcance de toda a veciñanza unha aplicación gratuíta para que poida seguir mantendo a súa actividade física mentres que dure o confinamento. Coa aplicación accédese a máis de 300 clases virtuais que se poden realizar desde casa e cando se queira. Desde BeOne, grupo empresarial ao que...

En atención ao bando informativo do Concello de Rianxo de data 13 de marzo, relativo ás medidas adoptadas para a prevención e loita contra a pandemia do Coronavirus COVID-19, recordamos sobre aquelas relacionadas do eido deportivo e que se estenderán aos vindeiros 15 días: 1.- As instalacións deportivas municipais permaneceran pechadas ao público e suspéndese todas as actividades municipais e...

O Concello de Rianxo, seguindo as recomendación da Xunta de Galicia, suspende as Actividades Deportivas Municipais e pecha as instalacións desde o venres 13 de marzo ata novo aviso. Desculpade as molestias.

O vindeiro luns, 24 febreiro, vaise celebrar, no pavillón de Rianxo, unha nova edición do De-porte Choqueiro. Só tedes que disfrazarvos para poder participar. As actividades darán comezo ás 16:30 e o programa é o que segue: 16:30 a 19:30 h. Inchables, obradoiros, xogos... Agardámosvos no pavillón!!!

Nota informativa Con motivo da celebración das festas do Entroido, non haberá actividades deportivas municipais os seguintes días: Actividades nenos/as: rematan o venres 21 de febreiro e comezan o xoves 27 de febreiro . Actividades adultos: non paran durante o Entroido e manteñen os seus horarios habituais., agás o luns 24 de febreiro no pavillón polideportivo de Rianxo, que non haberá...

O vindeiro domingo, 16 de febreiro, vaise celebrar o XII Campionato Galego de Kenpo e Kumite. Ademais, tamén se vai levar a cabo o 1º Encontro Galego de Parakenpo. Galiza é o único departamento con web propia, a primeira en celebrar un Campionato Oficial con proba en Submission a nivel nacional e a primeira en celebrar tamén un encontro en Parakenpo. O inicio deste campionato será ás 9:30 h e...

O domingo 9 de febreiro celebrarase a “VIII Marcha BTT Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da...

O Club de Piragüismo Rianxo e o Concello de Rianxo organizan a VII REGATA DE KAYAK DE MAR "CONCELLO DE RIANXO", pertencente á Liga Galega de Kayak da Federación Galega de Piragüismo. A Rianxo correspóndelle celebrar a primeira proba da tempada desta liga, que terá lugar o sábado 25 de xaneiro. Programa da regata é o que se detalla a continuación: 15:30 h. Inicio da regata. 18:30 h. Entrega...

Meteogalicia alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa e amarelo o mércores 18 de decembro entre as 9 e as 24 horas (aproximadamente), que afectará ás zonas de predición meteorolóxica, entre outras, do suroeste da provincia da Coruña. Ante a devandita situación de risco, o Servizo de Deportes comunica que: 1. ALERTA LARANXA, ata as 18 h, por refachos de vento superiores aos...

Pavillón de Rianxo: ​​​​​​ As actividades paran do 18 de decembro ao 3 de xaneiro, ambos incluídos. Outras parroquias: ​​​​​​ ​​​​​​​As actividades paran do 23 ao 3 de xaneiro, ambos incluídos. O martes 7 de xaneiro reiniciaranse as actividades, tanto de crianzas coma de persoas adultas. ​​​​​​​Durante as vacacións de Nadal modifícanse os horarios de apertura dos pavillóns. Consulte aquí.

O Servizo de Deportes informa sobre as alertas de fenómenos meteorolóxicos. Meteogalicia ten activas as seguintes alertas de fenómenos meteorolóxicos que afectan á zona de predición do suroeste da provincia da Coruña: Alerta AMARELA, por acumulacións superiores aos 40 litros en 12 h, entre as 12-21 h Recoméndase que as as entidades deportivas fagan un seguimento dos partes...

AVISO IMPORTANTE O Servizo de Deportes informa do APRAZAMENTO da ANDAINA EN NEGRO contra as violencias de xénero prevista para mañá sábado 23 de novembro. ​​​​​​​A cantidade de choiva caída estes días fan intransitables moitos tramos da senda do Río Té. ​​​​​​​A andaina aprázase para o vindeiro sábado 30 DE NOVEMBRO, e para iso abrimos de novo o prazo de inscrición. As persoas que xa están...

A Área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre as nenas e os nenos de entre 11 a 15 anos de idade (cumpridos a 31 de decembro de 2020) dos municipios coruñeses Ao Concello de Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e os nenos/as...

AVISO IMPORTANTE O Servizo de Deportes informa do APRAZAMENTO da ANDAINA EN NEGRO contra as violencias de xénero prevista para mañá sábado 23 de novembro. ​​​​​​​A cantidade de choiva caída estes días fan intransitables moitos tramos da senda do Río Té. ​​​​​​​A andaina aprázase para o vindeiro sábado 30 DE NOVEMBRO, abrindo de novo o prazo de inscrición. Aqueles/as que xa están inscritos/as...

RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO NOTA: Os premios da VII Carreira Popular Concello de Rianxo son acumulativos, sendo premiados os tres primeiros clasificados/as de cada categoría (Artigo 8. das bases de regulación). Deste xeito, os primeiros clasificados nos que aparece un -1 no apartado de posto, optarían ao premios tamén na súa categoría.

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a VII Carreira Popular Concello de Rianxo, o venres 1 de novembro de 2019. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña. Circuíto de Carreiras...

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 1 de outubro de 2019 ao 30 de maio de 2020. Estes horarios poderán sufrir modificacións ao largo da tempada de inverno. Información e reservas nos Pavillóns Polideportivos. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán,...

O sábado 7 de setembro celebrarase a 5ª edición do Slálom Concello de Rianxo. A proba está organizada pola Escudería Rallyactividad Competición, conta coa colaboración do Concello de Rianxo e desenvolverase no Polígono Industrial de Té entre as 12:30 e as 18:30 h. A proba é de carácter nacional e será puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom. Admitiranse vehículos da agrupación I á VI...

O sábado 7 de setembro disputarase en Rianxo o III TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO. Bases de organización do III Tríatlon Federación Galega de Tríatlon (+info e inscricións) Inscríbete en liña

O sábado 31 de agosto, ás 18:30 h, disputarase a primeira edición da Bandeira de Traiñeiras de promoción feminina, organizada polo Club Remo Rianxo e coa colaboración do Concello de Rianxo.

O 29 de setembro celebrarase en Rianxo a terceira edición da Andaina Barbanza 25 km, do VI Open de Andainas de Galicia, organizada por Vintedouspés Barbanza, en colaboración co Concello de Rianxo. Hai dous percorridos distintos: - Unha ruta de 25 km (oficial) de dificultade media e cunha duración aproximada de 5 horas. - Outra ruta de 15 km (opcional), tamén de dificultade media e cunha...

Este sábado, Rianxo converterase, un ano máis, na capital galega do xadrez, coa disputa do XI Torneo Internacional Concello de Rianxo, organizado polo Club Xadrez Rianxo e coa colaboración do Servizo de Deportes. Máis de 200 persoas participantes e a presenza de varios/as grandes mestres/as e mestres/as internacionais, aseguran un torneo de altísimo nivel deportivo, con máis de quince...

Os tres clubs de fútbol do concello con equipo sénior (CCD Taragoña, SD Araño e CD Unión)  competirán polo trofeo do Concello, organizado nesta edición polo CD Unión. O trofeo disputarase o domingo, 25 de agosto, no Campo Municipal de Vilas, a partir das 19 h e a orde dos partidos será a seguinte: 19:00 h SD Araño vs. CCD Taragoña. 20:00 h CD Unión vs. perdedor 1 21:00 h CD Unión vs....

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 19 ao 25 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

O vindeiro 16 de agosto vaise celebrar unha nova edición do Torneo de Tenis de verán 2019. Dúas son as categorías nas que se poderá participar: de 7 a 10 anos (minitenis), e de 10 ata 14 anos (tenis). As inscricións poderán formalizarse ata o 14 de agosto no Pavillón Municipal de Rianxo.

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 5 ao 18 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

O domingo 28 de xullo diputarase en Rianxo a XVI Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo", organizada polo Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo. A regata pertence ao calendario da LGT-A 2019, da que o Club de Remo Rianxo forma parte. A cita é partir das 12:00 h. no peirao de Rianxo.

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 22 de xullo ao 4 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

O venres, 19 de xullo, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, inchables, xogos tradicionais, artes marciais, rugby, actividades de fitness... Na actividade colaborará a Piscina Municipal de Rianxo, o Club Baloncesto Rianxo, o Club de artes Marciais e Deportes de Combate de...

O Servizo de Deportes e Barbantia Roda organizan o IV Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo A proba celebrarase o 11 de agosto de 2019, domingo, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 h. A distancia é de 15 km cun desnivel acumulado de 671 m. Inscricións Ata o xoves, 8 de agosto, nas seguintes ligazóns de Emesports: Inscrición Andaina - 3 € Inscrición Trail - 6 € ...

A Sociedade Deportiva Barbantia Roda e o Concello de Rianxo, organizan a Andaina Santa Compaña 2019, que se celebrará o  17 de agosto ás 23 horas. O ano pasado participaron 600 persoas e nesta edición temos que rachar esta cifra e chegar a facer unha estela luminosa mais longa que o ano pasado e se divise desde Rianxo. Convidámosvos a unha andaina nocturna con misterio... Punto de...

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 1 ao 14 de xullo. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110). Tamén se poderá reservar o Campo de Fútbol Municipal de Vilas. Horarios de apertura e aluguer do 1 ao 14 de xullo  

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos municipais do 24 ao 30 de xuño. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10).  

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 17 ao 23 de xuño. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10). Tamén se poderá reservar o Campo de Fútbol Municipal de Vilas.  

A Peña Cicloturista Castro Barbudo organiza a XX Ruta Castro Barbudo en bicicleta de montaña e, simultaneamente, unha andaina, que se celebrarán o domingo, 14 de xullo de 2019, con saída ás 9 h. desde Campo de Pazos–Taragoña e chegada o Campo Maneiro. A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente...

O Motoclub Jas a Tope organiza a XII Concentración Moteira Concello de Rianxo, que se celebrará do 31 de maio ao 2 de xuño en Rianxo.

A Deputación da Coruña organiza a CAMPAÑA DE VELA 2019, dirixida a rapaces e rapazas de 9 a 18 anos cumpridos durante o 2019 e empadroados nun concello da provincia da Coruña. Na nosa comarca, as actividades serán en BOIRO, do 1 ao 5 de xullo. Os interesados poderán facer  a súa inscrición en Boiro (981 84 84 25 - deportes@boiro.org) do 03/06/2019 ao 19/06/2019. Tríptico informativo ...

Mostrando o intervalo 51 - 100 de 441 resultados.