Deportes

Deportes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

O club CCD Taragoña empezou a traballar xa no seu proxecto deportivo para a vindeira tempada 2016/17. Despois de recuperar a base na presente tempada, queren "seguir medrando e formando futuro con principios e valores na 16\17 , polo que poñemos a disposición de todos os nen@s o noso club e que tamen sexa o deles". O club recibe a colaboración do Concello de Rianxo a través do Programa Deporte...

O xoves 21 de abril presentouse o II Depor Campus de Fútbol, organizado polo R.C. Deportivo da Coruña en colaboración co C.D. Unión e o Concello de Rianxo, e que se celebrará en Rianxo do 18 ao 22 de xullo. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes, Samir Sami Mátar, Presidente do CD Unión, e os representantes do R.C Deportivo da...

O 16 e 17 de abril celebrarase en Rianxo o Campionato Territorial Norte de Bateis, organizado polo Club de Remo Rianxo. Participan 10 clubs en cada categoría, clasificados na regata previa celebrada en Esteiro. O sábado desde as 16:30 h. disputaranse as clasificatorias para as finais do domingo. Serán dúas quendas por categoría, nas que pasarán á final os dous primeiros e o mellor terceiro. ...

A Escola de Boxeo El Canario, que conta cunha ampla experiencia noutros concellos de comarca,  vai impartir un Curso de Boxeo no Colexio Ana María Diéguez co fin de promocionar e dar a coñecer esta modalidade deportiva. Durante as últimas dúas semanas de abril haberá xornadas de portas abertas gratuítas para todos aqueles que queiran coñecer a actividade, xa que se pode participar desde...

O Concello de Rianxo e a Asociación Barbantia Roda organizan o I Trail 500 verticais Pico Muralla - Concello de Rianxo coa finalidade de promocionar esta modalidade deportiva, fomentar hábitos de vida saudable e dar a coñecer a contorna natural do noso concello. o trail disputarase o domingo, 24 de abril, a partir das 11 h., nas categorías de promesa, sénior e veteranos individuais e de parella...

O sábado, 9 de abril, a partir das 20 h. no Auditorio Municipal, haberá unha charla-coloquio a cargo de Lidia Parada, deportista pobrense do Club Atletismo Barbanza cun grandioso currículo deportivo que está preparando a súa posible participación nos Xogos Olímpicos de Río 2016. Estará acompañada do seu adestrador, Lardo Moure, e entre os dous debullarán diversos aspectos técnicos da...

Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Ramón Vicente, Presidente do Club de Remo Rianxo, presentaron a V Bandeira de Bateis "Confraría der Pescadores Virxe do Carme", que se celebrará o vindeiro sábado, 2 de abril a partir das 16 h. en augas da ensenada de Rianxo. Adolfo Muíños destacou que se trata dunha proba clásica dentro do calendario deportivo de Rianxo, téndolle ademais "especial aprecio...

Presentouse no Salón de Plenos do Concello de Rianxo, o 30 de marzo, o IV Torneo EBO de Fútbol Base - Memorial Abel coa presenza de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Roberto García, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte, Samir Sami Matar, Presidente do C.D. Unión, Julio Mariño, Coordinador do C.D. Unión e Adrián Armental, xogador ribeirense de 2ª B (Coruxo...

O Trail de Castro Barbudo, última proba do Arousa-Revolutrion Trail Series 2016, disputarase o 3 de abril, a partir das 11 h. en Taragoña. A presentación tivo lugar en Rianxo, no Salón de Plenos do Concello, e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Irene Maneiro, Xerente da Mancomunidade Arousa - Norte, e Eduardo Iglesias, de Arousa Natureza e Ocio, debullaron os detalles deste evento: "Con saída...

O Club de Piragüismo Rianxo organiza III REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - I Trofeo Toffe, pertencente á XVII Liga de Galega de Kayak (III Copa Sipre) da Federación Galega de Piragüismo. A Rianxo correspondelle celebrar a primeira proba da tempada, querá lugar o sábado,  19 de marzo. Deseñouse un triángulo de 5.000 m. na enseada de Rianxo, ao que os deportistas de pádel surf e...

DEBIDO Á DEMANDA DE PRAZAS, HABILITASE UNHA NOVA EDICIÓN DO CURSO EN HORARIO DE TARDE (16:30 H.), NAS MESMAS DATAS. O Servizo de Deportes organiza un Curso de iniciación á Marcha Nórdica que se celebrará os vindeiros 5, 12 e 19 de marzo. Haberá dúas edicións do curso, unha en horario de mañá, a partir das 11 h., e outra en horario de tarde, a partir das 16:30 h. O programa do curso é o...

ACTIVIDADES DEPORTIVAS O Servizo de Deportes informa que co motivo das celebracións Entroido, non haberá Actividades Deportivas Municipais os seguintes días: Actividades Nenos/as: finalizan o venres 5 e comezan o xoves 11 de febreiro. Actividades Adultos: finalizan o xoves 4 e comezan o mércores 10 de febreiro. Asimesmo recordamos que o vindeiro luns 8 de febreiro, no Pavillón...

Este sábado o Club Baloncesto Rianxo debuta en Rianxo en partido oficial. O club naceu a finais de 2015 da iniciativa dun grupo de rianxeir@s que pretenden fomentar e consolidar este deporte no noso concello. Están participando xa no  Programa Xogade, organizado pola Xunta de Galicia nas categorías benxamín (preminibasket) e alevín (minibasket). Os encontros serán contra o Club Santa Baia...

A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Esquí de inverno para rapaces e rapazas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, residentes en calquera municipio da provincia. Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos, ademais dos cursos de esquí. As inscricións realizaranse en cada concello, con data límite o 22 de xaneiro de 2016. Información:...

O Servizo de Deportes informa dos horarios de apertura e de aluguer para o Nadal. Horarios de apertura Horarios de reserva/aluguer Boas festas!  

O Servizo de Deportes informa que o vindeiro luns, 7 de decembro, se suspenden as sesións das Actividades Deportivas Municipais en todas as instalacións: pavillón de Rianxo, pavillón de Taragoña e Centro Social do Araño. Asemade, os pavillóns permanecerán pechados o martes, 8 de decembro.

O Servizo de Deportes organiza unha Xornada de Introducción á Marcha Nórdica, que se celebrará o sábado, 21 de novembro, no Pavillón de Rianxo entre as 11 e as 12:30 h. A presentación vai dirixida a persoas maiores de 16 anos, xa que se trata dunha actividade apta para todas as idades e todo tipo de condición física, que desexen coñecer os fundamentos e beneficios desta modalidade de marcha,...

O vindeiro luns celebrarase a 3ª edición da Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, que este ano acada o record de participación con 1052 deportista, repartidos en 577 en menores e 475 na absoluta. Esperase que sexa unha grande festa do deporte, destacando a gran aceptación entre os nenos/as, que case chegan a 600. O pistoletazo de saída daráo o triatleta Uxío Abuín, recente campión do...

Publícase a convocatoria completa do Curso Federativo de Monitor de Fútbol Base que se celebrará en Taragoña a partir do 16 de novembro, organizado polo Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol e o CCD Taragoña, coa colaboración do Concello de Rianxo. A cota do curso é de 150,00 € e as sesións impartiranse no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña e no Campo de Fútbol...

Un grupo de persoas está a traballar na creación do Club Baloncesto Rianxo, co obxecto de implantar esta modalidade no noso concello. Os primeiros obxectivos son ampliar a Escola Deportiva de Baloncesto a dúas sesións semanais e formar dous equipos para participar no PLAN XOGADE 2015/16 (alevíns e benxamíns). A iniciativa contará co apoio do Concello de Rianxo a través do seu Servizo de...

O Servizo de Deportes informa que desde o 26 de outubro se pechan as inscricións, debido á elevada demanda, nas actividades de Fútbol Sala (Rianxo) e Predeporte (Rianxo). Informarase debidamente no caso de volver a abrir as inscricións.

O Salón de Plenos do Concello acolleu a presentación da Regata de Piragüismo Banco Sabadell Gallego, organizada polo Club Piragüismo Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e o patrocinio do Banco Sabadell Gallego. A presentación correu a cargo de David Alcalde, Vicepresidente do Club Piragüismo Rianxo, Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deporte e Patrimonio...

Presentouse no  Salón de Plenos do Concello o Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración co C.D.D. Taragoña. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo, Manuel Mosquera, Director da Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol, Carlos Campaña, Secretario do...

Presentouse no Salón de Plenos do Concello a III Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, organizada polo Concello de Rianxo e Club Atletismo Rianxo e que pertence ao III Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde Rianxo, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico, ...

O Servizo de Deportes informa que o venres, 16 de outubro, celebrarase no Pavillón Municipal de Rianxo a XXVII Gala dos Dolmen de Ouro, organizada pola Federación de Empresarios do Barbanza (FEB). Con motivo da preparación do evento, suspéndese toda a actividade deportiva no pavillón desde o martes 13 ao sábado 17 de outubro. Os usuarios/as das actividades deportivas poderán asistir ás...

ULTIMA INFORMACIÓN   O vindeiro luns celebrarase a 3ª edición da Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo, que este ano acada o record de participación con 1052 deportista, repartidos en 577 en menores e 475 na absoluta. Esperase que sexa unha grande festa do deporte, destacando a gran aceptación entre os nenos/as, que case chegan a 600. O pistoletazo de saída daráo o triatleta Uxío...

AVISO Por mor do mal tempo previsto para este martes, a actividade aprázase ao vindeiro venres, 18 de setembro. O venres de Guadalupe, na Praza de Castelao, o persoal do Barbanza Golf ofrecerá a posibilidade de descubrir o Golf Pitch&Putt, unha modalidade de golf mais económica, divertida, mais rápida de xogar e de aprender, accesible a calquera idade... Entre as 11 e as 13:30 h. poderase...

Actualizaronse os horarios de apertura e aluguer dos pavillóns para a segunda semana de setembro. Lembrase que para facer a reserva hai que pasar polo Pavillón de Rianxo ou chamar ó 981 86 61 10. Horarios de apertura e aluguer.

Celebrouse na Casa do Concello a presentación do VII Torneo Internacional Concello de Rianxo ca presencia de Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes, de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Néstor Martínez, Secretario do Club Xadrez Rianxo. Adolfo Muíños resaltou a importancia deste evento para Rianxo e traballo feito polo Club Xadrez Rianxo ao longo destes anos, especialmente coas categorías de...

Ven de presentarse no Salón de Plenos do Concello o  I Torneo de Rugby Praia de Rianxo, que se disputará a partir das 11 horas do sábado 22 de agosto na Praia de Tanxil  (Rianxo), organizado polo Club Barbanza Rugby e os Irlandeses de Rianxo. A presentación correu a cargo de: Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde Rianxo Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Concelleiro de Deporte e Patrimonio...

CADROS E CALENDARIO DE COMPETICIÓN Publícanse os horarios das distintas modalidades deportivas. As competicións desenvolvernase desde o venres 4 ao xoves 10 de setembro. Tenis Fútbol 3x3 Fútbol 3x3 e Baloncesto 3x3 Badminton Chave Fútbol Sala Petanca Tenis de Mesa Voleibol 3x3   O Servizo de Deportes organiza as Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 7  ao...

Actualizaronse os horarios de apertura e aluguer dos pavillóns municipais para a segunda quincena de agosto. Para facer reservas hai que pasar polo Pavillón de Rianxo ou chamar ao 981 86 61 10.

A Federación Galega de Rugby vai organizar un CAMPUS DE RUGBY E MULTIDEPORTE do 15 ao 25 de agosto en Rianxo (Pazo de Rianxiño), dirixido a nenos e nenas de 7 a 16 anos. Os obxectivos principais sonpromocionar o rugby en Rianxo e no Barbanza, así como iniciar ao rapaces/as rianxeiros nesta modalidade, na que ademais de practicar deporte se lle da unha grande importancia aos valores como o...

AVISO! APRÁZASE O TORNEO DE PETANCA. CELEBRARASE OS DÍAS 18 E 19 DE AGOSTO EN TANXIL. O 18 e 19 de agosto disputarase na Praia de Tanxil unha nova edición do Torneo de Petanca. Esta competición, de carácter amigable e recreativo, ven celebrándose desde 1991 e nela poden participar persoas de tódalas idades. A competición é por parellas e a inscrición farase o martes 18 na propia praia, a...

O venres, 7 de agosto, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais... Na actividade colaborará AQUAFIT, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, que organizará actividade de fitness. As inscricións son de balde e faranse na Praza de...

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro 31de xullo unha nova edición da andaina nocturna. O punto de encontro será na Praza de Castelao ás 22:30 e percorreremos distintos camiños do concello nunha ruta de dificultade media. Actualización 28-07-2015     Roteiro circular Praza de Castelao – Praia de Tanxil – Praia das Cunchas – Aldea Vella (Abuín) –...

O Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo organizan a XII Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo - Conservera de Rianxo. Celebrarase no peirao de Rianxo o día 25 de xullo, sábado, entre as 17:30 e as 20 h. e pertence ao calendario oficial da Liga Galega de Traiñeiras - B. A competición comezará ás 17:30 coa regata de Liga Feminina e a continuación disputarase a competición da LGT-B.

A Asociación Terra e Mar organiza, co gallo das celebracións das Festas de Taragoña, unha nova edición do Torneo de Fútbol Praia 5x5. O torneo vai dirixido a maiores de 15 anos e disputarase os días 17 e 18 de xullo na Praia da Torre (Taragoña). O custo inscrición é de 10 €. Mais información no 638 064 048 e no Pavillón de Rianxo. A actividade conta coa colaboración do Servizo de Deportes do...

Actualizanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais ata o 15 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10). Horario de apertura Horario de aluguer  

O Servizo de Deportes organiza unha andaina para o 4 DE XULLO. As inscricións poderán formalizarse na oficina de Deportes (981 86 63 81 - deportes@concelloderianxo.gal) ou no pavillón polideportivo de Rianxo (981 86 61 10) ata o venres 3 DE XULLO:   1.Punto de Encontro: Pavillón Polideportivo Taragoña (Campo Maneiro) 2. Saída: 8:30 h. 3. Lonxitude: 24 km. Tracks en kmz Tracks en kml...

O Servizo de Deportes presenta a súa programación para o Verán 2015. O luns 15  ábrese o prazo de información e inscricións e as actividades darán comezo o día 1 de xullo, excepto o campamento urbano e deportivo, que dará comezo o 6 de xullo. Información Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2015 Información Campamento Urbano 2015 Información Actividades Piscina Municipal ...

O C.D. organiza a terceira edición do Torneo de Fútbol Base - III Memorial EBO, que se disputará os días 29, 30 e 31 de maio no Campo Municipal de Fútbol de Vilas (Asados). O torneo vai dirixio ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín e a competición desenvolverase segundo o seguinte programa: Venres 29: de 18:30 a 21:30 h. Sábado 30 e Domingo 31: de 9 a 21:30 h. Entre os...

Modifícanse os horarios de apertura e reserta das instalacións deportivas municipais durante o mes de xullo, coincidindo co remate das actividades de inverno 2014/15.

O Servizo de Deportes informa que o vindeiro venres, 29 de maio, rematan as Actividades Deportivas Municipais para nenos/as e para adultos correspondentes á tempada de inverno 2014/15. Na segunda quincena de xuño informaremos sobre as actividades de Verán 2015, que darán comezo o 1 de xullo.  

A Deputación da Coruña organiza unha nova edición dos Campamentos Deportivos, nos que nenos e nenas de toda a provincia disfrutarán dun amplo programa de actividades coma deportes náuticos, equitación, multiaventura, kayak, paseos en barco, tenis, voleibol, capoeira..., ademais de actividades culturais, veladas nocturnas... A Rianxo fóronlle adxudicadas 6 prazas (Grupo A) na primeira quenda,...

O mércores 29 de abril presentouse o I Depor Campus de Fútbol, organizado polo R.C. Deportivo da Coruña en colaboración co C.D. Unión e o Concello de Rianxo, e que se celebrará en Rianxo do 27 ó 31 de xullo do 2015. A presentación correu a cargo de Adolfo Adolfo Muiños, Alcalde de Rianxo, Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, Samir Sami Matar, Presidente do CD Unión, e os representantes...

O Servizo de Deportes informa que do martes 28 ao xoves 30 de abril suspéndense as Actividades Deportiva Municipais  no Pavillón Polideportivo de Rianxo, con motivo das tarefas de preparación da instalación para acoller a “II Pasarela de Moda Castelo da Lúa”. As actividades reanudaranse o luns, 4 de maio.  

O Auditorio Municipal vai acoller esta fin de semana a Copa Galicia por equipos,  organizada polo Club Xadrez Rianxo en colaboración coa Federación Galega de Xadrez e o Concello de Rianxo. COPA GALICIA DE CLUBS 2015, CATEGORÍA CADETE. DATA: Sabado, 09 de Maio de 2015. LOCAL DE XOGO: Auditorio Municipal de Rianxo (A Coruña). INSCRICIÓNS: Ata as 19:00 horas do 06 de Maio de 2015...

Este sábado, 25 de abril, desenvolverase unha Exhibición de Judo e Parkour no Pavillón Municipal de Rianxo, organizada polo CLUB IPPON DOJO. A entrada será libre e o programa de actividades é o seguinte: Exhibición de Judo: 12 h. Exhibición de Parkour: 12:20 h. Proba o Ju Parkour Do: 12:40 h. Exhibición de KATA: 12:50 h.

Mostrando o intervalo 251 - 300 de 441 resultados.