Deportes

Deportes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Publícanse os horarios de reserva das instalacións deportivas municipais para as datas de Semana Santa: Pavillón Rianxo Luns, 25 de marzo: 17 a 21 h. Martes, 26 de marzo: 17:30 a 21:30 h. Mércores, 27 de marzo: 17:30 a 21:30 h. Sábado, 30 de marzo: 16:30 a 20:30 h. O xoves 28 e o venres 29 o Pavillón de Rianxo permanecerá pechado. PAVILLÓN DE TARAGOÑA Pechado do...

A II Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe de Guadalupe cambia de data ante a previsión de mal tempo para mañá sábado, pasando a disputarse o domingo 17 a partires das 11 h.

A II Regata de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme cambia de data debido á previsión de mal tempo para mañá sábado e pasa a disputarse o domingo 17 a partires das 11 h. Este sábado, 16 de marzo, disputarase en augas de Rianxo a II Bandeira de Bateis "Confraría de Pescadores Virxe do Carme". Nesta regata, pertencente á Liga de Bateis - Territorial Norte, partiparán arredor de 250...

O vindeiro 7 de abril celebrarase a I Marcha BTT Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicluturista Castro Barbudo de Taragoña, e coa colaboración e apoio do Concello de Rianxo. A actividade, con saída é chegada en Rianxo, contará con tres rutas (20 30 e 60 km.) con distintos niveis de dificultade e esixencia física co obxecto de dar cabida a todo tipo de afeccionados á bicicleta,...

Habilitanse os seguintes horarios adicionais para reservar o pavillón de Taragoña o día 2 de marzo. Sábado, 2 de marzo: de 19:30 a 20:30 h. e de 20:30 a 21:30 h. Reservas no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10).

A maiores dos habituais, durante os días de Entroido ofértanse os seguintes horarios de aluguer no Pavillón de Rianxo: Venres, 8 de febreiro: 20:45 a 21:45 h. Luns , 11 de febreiro: 20:15 a 21:15  h. Martes: pechado por festividade local Mércores: de 16:30 a 19:30 h. Reservas no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10).

Este sábado, 2 de febreiro, o pavillón de Taragoña estará dispoñible para o aluguer entre as 16:30 e as 20:30 h. O resto de horarios de aluguer serán os habituais e pódense consultar na sección de instalacións desta páxina. Reservas no Pavillon de Rianxo (981 86 61 10) ou no Pavillón de Taragoña (981 86 23 42).

Publicanse os novos horarios de reserva da Pista Polideportiva do Colexio Ana María Diéguez de Asados, co obxecto de adaptalos ós horarios concedidos ao Club de Tenis Rianxo para a organización da VI Liga Rianxeira de Tenis. Podense consultar na sección Instalacións/Horarios de reserva.

Modifícanse os horarios de apertura, aluguer e actividades nas instalacións deportivas municipais durante as datas do Nadal.   Calendario de Actividades As vacacións das actividades deportivas municipais esténdense deste o 24 de decembro ao 7 de xaneiro. As actividades reiniciaranse o 8 de xaneiro.   Horarios apertura instalacións   Pavillón de Rianxo: de 17...

O Servizo de Deportes informa que o vindeiro venres, 7 de decembro, suspéndense as Actividades Deportivas Municipais en Asados e Rianxo.  

Están publicados na sección deportes/instalacións/horariosdereserva os horarios que están dispoñibles nas seguintes instalacións deportivas: pavillóns de Rianxo e Taragoña e pista do Colexio Ana María Diéguez. A reserva pode facerse nos pavillóns deportivos, presencialmente ou por teléfono.

A xornada de convivencia entre o Club de Remo e a Asociación AMBAR, prevista para mañá, 19 de outubro, foi aprazada pola previsión de mal tempo.

Este venres, 19 de outubro, terán lugar as primeiras xornadas de convivencia entre o Club de Remo Rianxo e a Asociación AMBAR. O obxectivo da actividade é que persoas con diversidade funcional teñan acceso ao deporte do remo, coñecendo as interioridades e caracterísiticas desta modalidade deportiva, co fin contribuir á súa integración e mellora da calidade de vida. Así, directivos,...

O Servizo de Deportes organiza este sábado unha andaina polos Ríos Vilacoba e San Xusto, en Lousame. Esta actividade, que estaba prevista para o 25 de agosto e fora aprazada por mor do mal tempo, vai dirixida a adultos maiores de 16 anos. O sendeiro discurre polas fermosas ribeiras destes dous ríos, agás o tramo que os une e que é o mais duro da andaina, que ascende ata o miradoiro do Monte...

Rianxo será durante esta fin de semana a capital galega do xadrez ó acoller dúas importantes probas do calendario axedrecístico galego. O sábado, 1 de setembro, celebrarase o IV Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo e o domingo, día 2, será o II Campionato Galego de Xadrez Activo. A presentación tivo lugar o pasado venres, 24 de agosto, a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de...

A 67 edición da Volta Ciclista a España, La Vuelta '12, percorrerá as estradas do concello de Rianxo durante a súa décimo segunda etapa, que discurrirá este xoves, 30 de agosto, entre Vilagarcía de Arousa e o Mirador do Ézaro en Dumbría. A carreira entrará por Rianxo polo alto da Paradegüa (Burés) e percorrerá a C-550 ao seu paso polas parroquias de Asados, Araño e Taragoña, saíndo cara a...

Ante a previsión de choiva para os vindeiros días, aprázase a Andaina prevista para este sábado, 25 de agosto, polo Río Vilacoba (Lousame). A nova data prevista é o sábado, 22 de setembro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 21 dese mes. Mais información no Servizo de Deportes.

O Servizo de Deportes organiza as XXII Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 3 ó 7 de setembro, na semana previa ao incio das festas. Esta actividade pretende ser un prólogo deportivo e recreativo á festa, predominando o compoñente lúdico das competicións e nas que poden participar persoas de todas as idades. Modalidades Deportivas Fútbol Sala Badminton Tenis Voleibol...

Os días 21, 22 e 23 de agosto celebrarase na Praia de Tanxil un torneo de Volei Praia para participantes de todas as idades. Cun carácter recreativo, o torneo é para parellas tanto masculinas como femininas e establécense dúas categorías: A, para nados no 1995 e anteriores e B, para os nados no 1996 e posteriores. As inscricións pódense formalizar no Pavillón de Rianxo e na mesma praia ata o...

O mércores 15 de agosto disputarase a undécima edición do Trofeo de Fútbol que organiza o Concello de Rianxo e no que compiten os dous clubs do concello: O C.C.D. Taragoña e o C.D. Unión. Nesta edición ó anfitrión será o C.C.D. Taragoña e o partido iniciarase ás 19 h. no Campo da Lomba (Taragoña).

O vindeiro 17 de agosto terá lugar, na Praza de Castelao de Rianxo, unha nova edición do Deporte na Rúa, na que se podera participar en diversas modalidades deportivas coma baloncesto e fútbol 3x3, chave, ciclo indoor... As inscricións faranse na propia praza a partires das 20:30 h.

Os días 8 e 9 de agosto celebrarase na Praia de Tanxil unha nova edición do Torneo de Pentanca, que se ven disputando ininterrumpidamente desde o ano 1991. A competición está aberta a todas as idades e desenvolverase por parellas. As inscricións faranse na propia praia ata antes do inicio das partidas, o día 8 ás 16:30 horas aproximadamente.

O Servizo de Deportes organiza para o mes de agosto 3 andainas: a nocturna, que este ano se desenvolverá no entorno do Castro Barbudo, a dirixida á 3ª idade, que nos levará ata O Grove e a de adultos que percorrerá o Río Vilacoba en Lousame. Inscrición e información no Servizo de Deportes ou nos Pavilóns deportivos municipais.     Partindo de Campo Maneiro, percorreremos...

A Comisión de Festas de Taragoña, Terra e Mar, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, organiza para os vindeiros 20 e 21 de xullo un Torneo de Fútbol Praia que se disputará na praia da Torre. Vai dirixido a maiores de 15 anos e o prezo da inscrición é de 20 € por equipo. Os equipos poden inscribirse no Pavillón de Rianxo, no Bar Xuntanza ou no Chiringuito da Torre.

O Servizo de Deportes comunica que, por mor do mal tempo, se suspenden as actividades deportivas que se celebran en instalacións ao aire libre.  Así, quedan suspendidas as sesións para hoxe de Patinaxe e Tenis.

O vindeiro sábado, 14 de xullo, disputarase en augas de Rianxo a IX Bandeira de Traiñeiras "Conservera de Rianxo - Concello de Rianxo". A proba dará comezo ás 18 h. no peirao exterior de Rianxo e está organizada polo Club de Remo Rianxo en colaboración do Concello de Rianxo, contando co patrocinio de Conservas Cortizo (Conservera de Rianxo, S.A.). A regata está integrada no calendario...

Publícase a composición definitiva dos grupos para o Campamento Urbano e Deportivo organizado polo Servizo Municipal de Deportes e o Departamento de Xuventude do Concello de Rianxo: Sardiñas, grupo azul Grupo AZUL:             Nados no 2005 Martes e xoves:        de 11 a 13 h. ...

O Servizo de Deportes presenta a oferta de actividades deportivas para a tempada de Verán 2012, que inclúe a programación propia do  Servizo, as actividades deportivas dos clubs cos que colabora o Concello  e as propostas feitas desde a Piscina Municipal. A programación inclúe propostas para todas idades, desde os mais pequenos ata a 3ª idade, e ten presenza en todas as parroquias...

O Servizo de Deportes organiza un Curso de Iniciación á Patinaxe dirixido a adultos. As sesións impartiranse no Pavillón de Taragoña durante o mes de xuño, os días 19, 21, 22, 26, 29 e 30, de 20:30 a 22 h. O prezo do curso é de 12,63 €. Mais información e inscricións na oficina do Servizo de Deportes ou no Pavillón de Rianxo.      

Con data 1 de xuño rematou o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa Campamentos Deportivos, recolléndose un total de 13 inscricións. A Deputación da Coruña asignou 10 prazas ao Concello de Rianxo, polo que é necesario realizar un sorteo público para a súa adxudicación. Dito sorteo terá lugar o día 6 de xuño, mércores, ás 13 h., no Salón de Plenos do Concello,...

“Non é polos teus quilos, é polo teu corazón.” A Piscina Municipal de Rianxo ten en marcha ata o 29 de xullo unha promoción especial na que facendo deporte se pode axudar ós demais. Todos os abonados que participen no programa personalizado de actividade física e adelgazamento, todo elo de xeito saudable e controlado, contribuirán ao desenvolvemento dunha acción benéfica. SERVIOCIO, a...

O vindeiro domingo, 10 de xuño, celebrarase a segunda edición da Travesía a Nado "Vila de Rianxo". A proba terá lugar a partires das 12 h. na Praia de Tanxil e competirase nas seguintes distancias: 900 m., 1.500 m. e 2.000 m., segundo a categoría. A travesía está organizada por Serviocio, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo e conta coa colaboración do Concello de Rianxo, do...

As datas e horarios para a realización do Test Tuberculínico son os seguintes:   Martes, 29 de maio – Auditorio Municipal 9 a 12 h. Grupos de actividades de ASADOS: Base/predeporte, multideporte, Tenis, Patinaxe e Multifitness. O venres 1 de xuño realizarase a...

O Concello de Rianxo informa de que se diagnosticou un caso de tuberculose no entorno das actividades deportivas organizadas polo Servizo Municipal de Deportes. Cando se diagnostica un caso de tuberculose está indicado como medida preventiva o estudio do seus contactos, tal e como establece o Programa Galego de Tuberculose. O estudo consiste na realización do test tuberculínico. Dito test...

O Servizo de Deportes informa que, por razóns de forza maior, se van suspender algunhas das sesións das actividades deportivas municipais. Lémbrase que a tempada de inverno 2011/2012 remata o vindeiro 31 de maio. Se precisaran calquera aclaración poden poñerse en contacto co Servizo de Deportes. As actividades e sesións que se suspenden son as que se indican a continuación. O resto de...

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para este mes de maio dúas andainas: RUTA DO SARELA (Santiago) O vindeiro sábado 12 de maio, unha saída a pé na que se percorrerá o curso de río Sarela, desde o Romaño ata Vidán. A actividade vai dirixida ós maiores de 50 anos, e terán prioridade aqueles que participen nas actividades deportivas municipais. O nivel de dificultade é...

Mañá sábado, 10 de marzo, a partires das 16:00 h., disputarase en augas de Rianxo a proba de bateis "Confraría de pescadores Virxe do Carme", organizada polo Club de Remo Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.

O Servizo de Deportes informa das modificacións do calendario das Actividades Deportivas Municipais durante as celebracións do Entroido. Actividades para nenos/as Suspéndense desde o 17 de febreiro ata o 22, ambos inclusive. Reanudaranse o xoves, día 23. Actividades para adultos Os días 20 e 21 non haberá actividade, reanudándose esta o mércores, 22 de febreiro.

A Deputación da Coruña ven de convocar as bolsas para deportistas da provincia, con dez axudas dotadas con 2.000 euros cada unha para os interesados con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos e outras dez bolsas de 3.000 euros para os aspirantes de entre 18 e 24 anos. As disciplinas ás que se dediquen deben pertencer a deportes incluídos no programa oficial dos últimos Xogos Olímpicos. ...

Serviocio, a empresa que xestiona a Piscina Municipal, presenta unha promoción para o mes de febreiro: Matrícula e cota mensual gratuíta para todos os matriculados neste mes. Consulta as condicións da promoción na Piscina Municipal de Rianxo (981 860 086).  

O vindeiro xoves, 7 de abril, revivirase a historia do achado do Casco de Leiro por José María Vicente. A cita é no Auditorio Municipal a partir das 20 h. A mesa redonda estará composta por: José Mª Vicente Descubridor do Casco   Manuel Gago Doutor en xornalismo   Bea Comendador Doutora e Profesora da Universidade de Vigo   Roberto Pena Puentes Xefe do Servizo de...

Mostrando o intervalo 401 - 441 de 441 resultados.