Deportes

Deportes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Páxinas etiquetadas con deportes times .

O Concello de Rianxo presenta a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2013/14, incluíndo as organizadas de xeito direto polo Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello e as propostas da Piscina Municipal. Como xa é habitual nas políticas deportivas do Concello, destacar que se trata dunha oferta ampla, dirixida a tódolos sectores de poboación, e...

O Servizo de Deportes organiza este sábado unha andaina polos Ríos Vilacoba e San Xusto, en Lousame. Esta actividade, que estaba prevista para o 25 de agosto e fora aprazada por mor do mal tempo, vai dirixida a adultos maiores de 16 anos. O sendeiro discurre polas fermosas ribeiras destes dous ríos, agás o tramo que os une e que é o mais duro da andaina, que ascende ata o miradoiro do Monte...

A 67 edición da Volta Ciclista a España, La Vuelta '12, percorrerá as estradas do concello de Rianxo durante a súa décimo segunda etapa, que discurrirá este xoves, 30 de agosto, entre Vilagarcía de Arousa e o Mirador do Ézaro en Dumbría. A carreira entrará por Rianxo polo alto da Paradegüa (Burés) e percorrerá a C-550 ao seu paso polas parroquias de Asados, Araño e Taragoña, saíndo cara a...

O Servizo de Deportes organiza as XXII Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 3 ó 7 de setembro, na semana previa ao incio das festas. Esta actividade pretende ser un prólogo deportivo e recreativo á festa, predominando o compoñente lúdico das competicións e nas que poden participar persoas de todas as idades. Modalidades Deportivas Fútbol Sala Badminton Tenis Voleibol...

Os días 21, 22 e 23 de agosto celebrarase na Praia de Tanxil un torneo de Volei Praia para participantes de todas as idades. Cun carácter recreativo, o torneo é para parellas tanto masculinas como femininas e establécense dúas categorías: A, para nados no 1995 e anteriores e B, para os nados no 1996 e posteriores. As inscricións pódense formalizar no Pavillón de Rianxo e na mesma praia ata o...

O mércores 15 de agosto disputarase a undécima edición do Trofeo de Fútbol que organiza o Concello de Rianxo e no que compiten os dous clubs do concello: O C.C.D. Taragoña e o C.D. Unión. Nesta edición ó anfitrión será o C.C.D. Taragoña e o partido iniciarase ás 19 h. no Campo da Lomba (Taragoña).

O vindeiro 17 de agosto terá lugar, na Praza de Castelao de Rianxo, unha nova edición do Deporte na Rúa, na que se podera participar en diversas modalidades deportivas coma baloncesto e fútbol 3x3, chave, ciclo indoor... As inscricións faranse na propia praza a partires das 20:30 h.

Os días 8 e 9 de agosto celebrarase na Praia de Tanxil unha nova edición do Torneo de Pentanca, que se ven disputando ininterrumpidamente desde o ano 1991. A competición está aberta a todas as idades e desenvolverase por parellas. As inscricións faranse na propia praia ata antes do inicio das partidas, o día 8 ás 16:30 horas aproximadamente.

O Servizo de Deportes organiza para o mes de agosto 3 andainas: a nocturna, que este ano se desenvolverá no entorno do Castro Barbudo, a dirixida á 3ª idade, que nos levará ata O Grove e a de adultos que percorrerá o Río Vilacoba en Lousame. Inscrición e información no Servizo de Deportes ou nos Pavilóns deportivos municipais.     Partindo de Campo Maneiro, percorreremos...

A Comisión de Festas de Taragoña, Terra e Mar, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, organiza para os vindeiros 20 e 21 de xullo un Torneo de Fútbol Praia que se disputará na praia da Torre. Vai dirixido a maiores de 15 anos e o prezo da inscrición é de 20 € por equipo. Os equipos poden inscribirse no Pavillón de Rianxo, no Bar Xuntanza ou no Chiringuito da Torre.

O vindeiro sábado, 14 de xullo, disputarase en augas de Rianxo a IX Bandeira de Traiñeiras "Conservera de Rianxo - Concello de Rianxo". A proba dará comezo ás 18 h. no peirao exterior de Rianxo e está organizada polo Club de Remo Rianxo en colaboración do Concello de Rianxo, contando co patrocinio de Conservas Cortizo (Conservera de Rianxo, S.A.). A regata está integrada no calendario...

O Servizo de Deportes presenta a oferta de actividades deportivas para a tempada de Verán 2012, que inclúe a programación propia do  Servizo, as actividades deportivas dos clubs cos que colabora o Concello  e as propostas feitas desde a Piscina Municipal. A programación inclúe propostas para todas idades, desde os mais pequenos ata a 3ª idade, e ten presenza en todas as parroquias...

O Servizo de Deportes organiza un Curso de Iniciación á Patinaxe dirixido a adultos. As sesións impartiranse no Pavillón de Taragoña durante o mes de xuño, os días 19, 21, 22, 26, 29 e 30, de 20:30 a 22 h. O prezo do curso é de 12,63 €. Mais información e inscricións na oficina do Servizo de Deportes ou no Pavillón de Rianxo.      

O vindeiro domingo, 10 de xuño, celebrarase a segunda edición da Travesía a Nado "Vila de Rianxo". A proba terá lugar a partires das 12 h. na Praia de Tanxil e competirase nas seguintes distancias: 900 m., 1.500 m. e 2.000 m., segundo a categoría. A travesía está organizada por Serviocio, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo e conta coa colaboración do Concello de Rianxo, do...

O Concello de Rianxo informa de que se diagnosticou un caso de tuberculose no entorno das actividades deportivas organizadas polo Servizo Municipal de Deportes. Cando se diagnostica un caso de tuberculose está indicado como medida preventiva o estudio do seus contactos, tal e como establece o Programa Galego de Tuberculose. O estudo consiste na realización do test tuberculínico. Dito test...

O Servizo de Deportes informa que, por razóns de forza maior, se van suspender algunhas das sesións das actividades deportivas municipais. Lémbrase que a tempada de inverno 2011/2012 remata o vindeiro 31 de maio. Se precisaran calquera aclaración poden poñerse en contacto co Servizo de Deportes. As actividades e sesións que se suspenden son as que se indican a continuación. O resto de...

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para este mes de maio dúas andainas: RUTA DO SARELA (Santiago) O vindeiro sábado 12 de maio, unha saída a pé na que se percorrerá o curso de río Sarela, desde o Romaño ata Vidán. A actividade vai dirixida ós maiores de 50 anos, e terán prioridade aqueles que participen nas actividades deportivas municipais. O nivel de dificultade é...

— Resultados por páxina
Mostrando 17 resultados.