Deportes

Deportes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Páxinas etiquetadas con rianxo times .

Están publicados na sección deportes/instalacións/horariosdereserva os horarios que están dispoñibles nas seguintes instalacións deportivas: pavillóns de Rianxo e Taragoña e pista do Colexio Ana María Diéguez. A reserva pode facerse nos pavillóns deportivos, presencialmente ou por teléfono.

O Servizo de Deportes organiza este sábado unha andaina polos Ríos Vilacoba e San Xusto, en Lousame. Esta actividade, que estaba prevista para o 25 de agosto e fora aprazada por mor do mal tempo, vai dirixida a adultos maiores de 16 anos. O sendeiro discurre polas fermosas ribeiras destes dous ríos, agás o tramo que os une e que é o mais duro da andaina, que ascende ata o miradoiro do Monte...

Rianxo será durante esta fin de semana a capital galega do xadrez ó acoller dúas importantes probas do calendario axedrecístico galego. O sábado, 1 de setembro, celebrarase o IV Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo e o domingo, día 2, será o II Campionato Galego de Xadrez Activo. A presentación tivo lugar o pasado venres, 24 de agosto, a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de...

A 67 edición da Volta Ciclista a España, La Vuelta '12, percorrerá as estradas do concello de Rianxo durante a súa décimo segunda etapa, que discurrirá este xoves, 30 de agosto, entre Vilagarcía de Arousa e o Mirador do Ézaro en Dumbría. A carreira entrará por Rianxo polo alto da Paradegüa (Burés) e percorrerá a C-550 ao seu paso polas parroquias de Asados, Araño e Taragoña, saíndo cara a...