Discapacidades

Discapacidades - Concello de Rianxo

Discapacidade

Actividades

Aula ocupacional municipal de persoas con diversidade funcional

Esta Aula Ocupacional vai dirixida a persoas con diversidade funcional física ou psíquica lixeira/media que non estean acudindo a ningún outro centro deste tipo.

Ten como finalidade darlle a estas persoas unha posibilidade de desenvolvemento persoal e de manter os logros adquiridos durante a súa etapa escolar. Tamén pretende manter e aumentar a socialización, coñecementos e sentimentos de autoestima, así como apoiar as familias no difícil labor da educación destas persoas.

Os obxectivos que se perseguen nesta aula son:

  • Facilitar a integración na súa contorna.
  • Desenvolver ao máximo as súas capacidades psíquicas e físicas.
  • Mellorar a comunicación verbal e non verbal.
  • Conseguir que leven unha vida o más autónoma posible.
  • Manter un contacto coa familia a través dun labor informativo.

Talleres que se realizan na aula:

  • Obradoiro de cerámica e barro.
  • Repuxado en estaño.
  • Cestería.
  • Pintura en tea.
  • Realízanse pedidos de agasallos para bautizos, vodas e outros acontecementos sociais.

Información:

Horario de atención ao público: de luns a xoves, de 9:30 a 12:30 h

Técnicas responsables: Pedagoga e Monitora de Manualidades.

Correo-e: servizos.sociais@concelloderianxo.es

 

Prestacións Socioeconómicas

Tramitación do recoñocemento do grao de discapacidade

Beneficiarias:

Persoas físicas que estean afectadas por unha discapacidade.

Requisitos:

  • Ser español ou estranxeiro residente en España.
  • Estar afectado por algún tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial.

Prazo: aberto todo o ano.

Información:

Horario de atención ao público (con cinta previa): de luns a xoves de 9:00 a 12:00 h

Técnica responsable: Traballadora Social.

Correo-e: atencion.primaria@concelloderianxo.es