Modelos de documentos - Concello de Rianxo
Os modelos de documentos oficiais son os que figuran na Sede electrónica do Concello de Rianxo, que se poden presentar de forma electrónica ou descargárense para a súa presentación presencial.
Procedementos tributarios do Servizo de Recadación Municipal
Estes procedementos non están dispoñibles na Sede electrónica, polo que, no caso de presentación electrónica, deberán tramitarse no procedemento Formularios para as xestións tributarias e de Recadación achegando o formulario correspondente debidamente cumprimentado.
- Declaración Ficha de Terceiros
- Declaración tributaria para o imposto sobre o incremento de valor dos terreosde natureza urbana
- Declaración tributaria para a taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo
- Comunicación de datos tributarios
- Comunicación do Imposto sobre incremento de valor de terreos de natureza urbana por adquirintes en transmisión onerosa
- Emenda dunha solicitude dirixida a Xestión Tributaria, Recadación ou Tesouraría
- Recurso de reposición para liquidación do IBI
- Recurso de reposición para liquidación do IVTM
- Solicitude de beneficios fiscais no IBI para empresas inmobiliarias
- Solicitude de beneficios fiscais no IBI por aproveitamento de enerxía solar
- Solicitude de beneficios fiscais no IBI por carencia de auga ou saneamento
- Solicitude de Beneficios fiscais no IBI por familia numerosa
- Solicitude de bonificación no IVTM para vehículo de mais de 25 anos
- Solicitude de devolución de ingresos
- Solicitude de domiciliación de recibos
- Solicitude de exención do IVTM para vehículo agrícola
- Solicitude de exención no IVTM por discapacidade
- Solicitude de fraccionamento ou aprazamento de débedas
- Solicitude de informe de impoñibles
- Solicitude de rectificación de autoliquidación
- Solicitude de Sistema Especial de Pagamentos do IBI
Festas e verbenas populares
O Concello de Rianxo pon á disposición das entidades locais e da veciñanza unha guía coas instrucións e documentación necesaria para a organización de festas e verbenas populares consonte a nova Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que entrou en vigor o 2 de xullo.
Guía para a organización de festas e verbenas populares
As solicitudes presentaranse, xunto cos documentos correspondentes anexados, de forma electrónica:
Modelos adaptados ás leis 10/2017 e 9/2013 para a celebración de festas e verbenas populares
- CPLF Comunicación previa para o lanzamento de fogos de artificio.pdf
- DRAF Declaración responsable para atraccións de festas v2.pdf
- DRFP Declaración responsable para festas e verbenas populares v2.pdf
- MDFP Memoria descritiva de festas populares e actividades recreativas.odt
- MDFP Memoria descritiva de festas populares e actividades recreativas.pdf