Emprego

- Clausura do Obradoiro de Garantía Xuvenil Carnero Valenzuela II e presentación dos traballos de deseño web realizados - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Clausura do Obradoiro de Garantía Xuvenil Carnero Valenzuela II e presentación dos traballos de deseño web realizados

O programa mixto de emprego e formación "Carnero Valenzuela II", dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mozas incluídas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello de Rianxo, pon fin a 12 meses de formación e traballo coa presentación e entrega dos proxectos realizados polos 16 alumnos e alumnas do obradoiro e ante a presenza da Secretaria territorial da Coruña da Xunta, Patricia Rodríguez Franco, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez.

O principal proxecto desenvolvido polo alumnado foi o Portal de Entidades de Rianxo (https://entidadesderianxo.gal/), un escaparate colaborativo do tecido asociativo do municipio.

Ademais desenvolveron outros proxectos de interese para a promoción de Rianxo:

Roteiro Castelao https://roteirocastelao.gal/

Ruta do Apego https://rutadoapego.rianxo.gal/

Faustino Rey Romero https://faustinoreyromero.gal/

Museo do Mar de Rianxo https://museodomarderianxo.gal/ ​​​​​​​

Casa Museo de Manuel Antonio https://museomanuelantonio.gal/

Feito en Rianxo https://feitoenrianxo.gal/

 

Tríptico informativo: [Descargar PDF]

​​​​​​​