Emprego

- Curso Xerente de empresas de economía social - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Curso Xerente de empresas de economía social

AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O XOVES 30 DE ABRIL
 

O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.

Unha vez rematado o prazo para a solicitude de participación neste proxecto, establécese un prazo especial para inscribirse na acción formativa Xerente de empresas de economía social

As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de EMPREGO do Concello de Rianxo.

O prazo para inscribirse na dita acción formativa estará aberto ata o día 30 de abril de 2015, data na que terán que ter completa e presentada toda a documentación que corresponda.

Os requisitos que teñen que cumprir son os seguintes:

- Estar inscritas na Oficina de Emprego correspondente e coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
- Ter cumpridos os 18 anos de idade.
- Estar empadroado/a nalgún dos concellos da ZONA 10: A Pobra, Rianxo, Riveira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón, Rois.
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
       - Xóvenes menores de 30 anos.
       - Persoas maiores de 45 anos.
    - Inmigrantes non comunitarios con permiso de traballo.
     - Persoas afectadas por algunha minusvalía física, psíquica ou sensorial que non supoña ningún impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesion á que vai asociada a formación.
       - Persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico.
      - Persoas en proceso de rehabilitacion ou reinserción social tales como ex toxicomanos ou ex reclusos.

   - Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade.
      - Outras persoas calificadas en exclusión social polos solicitantes da axuda de acordo coas certificacións expedidas a tal fin polos correspondentes servizos sociais.
     - Outras persoas ou grupos identificados no Plan Nacional de Inclusión Social.