Emprego

- Obradoiro de emprego "PAZO DE RIANXIÑO" - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Obradoiro de emprego "PAZO DE RIANXIÑO"

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeu unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PAZO DE RIANXIÑO.

O obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado.

En vindeiras datas aprobaranse as bases de selección e publicaranse as diferentes convocatorias de selección do persoal de formación e de solicitudes do alumnado, onde se establecerán os prazos e requisitos para a inscrición.

O proceso de selección farase a través da oficina de emprego de Boiro, co cal é necesario:

  • Estar desempregado/a

  • Inscrito/a como demandante de emprego na oficina de emprego de Boiro

  • Comunicar na Oficina de Emprego de Boiro o interese na participación en obradoiros de emprego, OU ben solicitar a especialidade INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES a través da oficina virtual do servizo de emprego: ​​​​​​​https://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/speg_inicio/home

  • En caso de ter un IPI (Itinerario personalizado de inserción) aberto, contactar co orientador laboral do Concello para solicitar a alta no obradoiro

  • Ao tratarse dun certificado profesional de nivel 2, é necesario ter a titulación mínima da ESO, ciclo básico de FP, competencias clave de nivel 2 ou outros equivalentes (non vale só coa EXB ou graduado escolar)

 

O alumnado recibirá formación no ámbito da INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES que se centrarán nos xardíns e arborado do Pazo de Rianxiño e outros espazos distribuídos polo término municipal, contribuíndo ao seu mantemento e mellora, á vez que aprenden un oficio con amplas perspectivas de emprego.

Os traballos previstos abranguerán a conservación das árbores con valor ornamental, o acondicionamento de zonas axardinadas, a accesibilidade as mesmas pensando nas futuras usuarias e usuarios do centro de día. Tamén se eliminarán as especies danadas e, en xeral, o mantemento da finca durante un ano. Ademais, realizarase formación sobre sementeiras, plantacións, cortas, sistemas de rega e tratamentos fitosanitarios, entre outros.