Emprego

- Obradoiro de Garantía Xuvenil "CARNERO VALENZUELA" - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Obradoiro de Garantía Xuvenil "CARNERO VALENZUELA"

O Concello de Rianxo vai poñer en marcha o Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil "CARNERO VALENZUELA" para a formación de 16 alumnos/as - traballadores/as na especialidade de "REPOBOACIÓNS FORESTAIS E TRATAMENTOS SILVÍCOLAS", segundo a subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Así, para o desenvolvemento do dito proxecto, é necesaria a contratación do equipo directivo e docente correspondente e tamén do alumnado - traballador beneficiario deste, segundo as bases seguintes:

Bases