Emprego

Participación como alumnado traballador - Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA" - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA"

Participación como alumnado traballador

O Concello de Rianxo vai poñer en marcha o Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA" para a formación de 15 alumnos/as - traballadores/as na especialidade de "INSTALACIÓN DE PLACA DE XESO LAMINADO E FALSOS TEITOS", segundo a subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

A especialidade formativa que se vai impartir correspóndese cun certificado de profesionalidade de nivel 2 polo que as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos seguintes requisitos formativos:

  • Ter o título da ESO ou equivalente ou titulacións correspondentes a ciclos de grao medio ou superior
  • Ter superadas as probas das competencias clave de nivel 2, correspondentes aos certificados de profesionalidade
  • Dispoñer dun certificado de profesionalidade de nivel 2 o de nivel 3
  • Dispoñer dun certificado de profesionalidade de nivel 1 sempre que sexa da mesma familia e área profesional que a do certificado de profesionalidade que se vai impartir
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos de grao medio, grao superior ou a proba de acceso á universidade
  • Ter superados todos os módulos obrigatorios dun PCPI ou Formación Profesional Básica
  • Ter superado o curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio

As persoas interesadas en participar como alumnado deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e indicar que están interesadas en participar nos programas de obradoiros de emprego.

Ademais, deberán acudir á Oficina de Emprego de Boiro para comprobar a súa situación e documentación xustificativa e axeitada para poder participar nesta acción formativa.

O prazo para acudir á Oficina de Emprego de Boiro remata o próximo xoves día 10 de outubro.