Emprego

Nova edición do PIE para os anos 2024-2025 - Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra

Nova edición do PIE para os anos 2024-2025

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 está destinado a 100 persoas da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante 12 meses, van recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona así como xornadas destinadas a mellorar as habilidades de empregabilidade e inserción laboral.

Nesta edición a oferta formativa inclúe técnicas de limpeza e departamento de pisos; Eventos, cátering e banquetes; Cociña básica; Elaboración de pezas cárnicas; Preparación de peixes e mariscos para a industria e venda; Identificación de alérxenos e manipulación de alimentos; Condución de carretillas; Xestión e control de compras e stock; Operacións básicas de caixa; entre outras.

Ademais, durante o desenvolvemento do programa vanse levar a cabo accións de información, orientación e asesoramento laboral; formación en habilidades sociolaborais e en técnicas de busca efectiva de emprego; sesións de coaching; formación en idiomas e novas tecnoloxías; formación específica para o emprego;  prospección de ofertas laborais e prácticas profesionais.

O Programa basease nunha metodoloxía innovadora que inclúe aspectos como unha metodoloxía adaptada ás necesidades das usuarias; uso de novas  tecnoloxías para favorecer a comunicación coas usuarias; uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación; uso de ferramentas TIC para a busca de emprego; networking e acompañamento.

As persoas participantes percibirán unha axuda consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións do Programa. Ademais, os concellos ofrecen medidas de conciliación para favorecer a participación no Programa segundo as necesidades de cada persoa usuaria.

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social.

O Programa do curso 2023/2024, que tamén se levou a cabo de forma conxunta, está a piques de rematar e conta xa cunha inserción laboral de 58 persoas que atoparon traballo grazas a participar nas accións formativas.

Máis información para participar no programa no enderezo electrónico emprego@boiro.gal ou os números de teléfono 659 247 963 e 650 042 409.