Emprego

PROXECTO EIXO_FSE_POEJ (PEL da Deputación da Coruña) - PROXECTO EIXO: Acción formativa correspondente ao certificado de profesionalidade de comercio e loxística - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

PROXECTO EIXO: Acción formativa correspondente ao certificado de profesionalidade de comercio e loxística

PROXECTO EIXO_FSE_POEJ (PEL da Deputación da Coruña)

A Deputación Provincial da Coruña vai realizar un Curso de comercio e loxística dirixido a persoas mozas menores de 30 anos, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O prazo de preinscripción é ata o día 13 de setembro de 2019 ás 14:00 horas, no Servizo de Persoal e Emprego Servizo de Orientación Laboral do Concello de Rianxo.

A finalidade deste curso é formar para o traballo, proporcionando unha cualificación de acceso a un posto profesional de calidade, ao tempo que se favorece o desenvolvemento dunha profesión nun ámbito con gran demanda a nivel provincial, sendo ademais unha das ocupacións con valor en alza na Estratexia Española de Activación para o Emprego, e as particulares características da nosa provincia con parques empresariais e novas iniciativas empresariais localizadas ao longo da xeografía, que apoiados na distribución e transporte das súas producións a nivel nacional e internacional se constitúen como recurso importante para a inserción laboral pero que esixen a certificación de aptitude profesional con validez en todo o territorio europeo, tanto para o manexo de medios de transporte (condución de vehículos) coma de medios de organización de mercadorías en almacéns (carretillas elevadoras e grúas para estiba/desestiba).

PERSOAS MOZAS BENEFICIARIAS DA FORMACIÓN:

Dirixido a persoas mozas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpren os seguintes requisitos:

- Ter cumpridos 18 anos de idade

 - Estar empadroado/a nalgún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

 - Inscrición en Garantía Xuvenil (na oficina de emprego).

 - Ser titular dun permiso de condución en vigor da clase B.

 - Non se precisa ningún requisito de formación previa, xa que se trata dun certificado profesional de nivel 1.


* Está prevista a concesión dunha axuda/bolsa económica ás persoas participantes na formación específica/complementaria/transversal prevista no proxecto EIXO a fin de incentivar a súa permanencia nas mesmas e obter os obxectivos previstos de mellora da cualificación e empregabilidade e de inserción no mercado laboral . A súa contía máxima ascenderá á cantidade de 2,6€ brutos hora lectiva de día asistido.

* No caso de haber máis de 1 persoa candidata, o Concello fará entrevistas de selección e establecerá unha orde de prioridade segundo a dispoñibilidade e idoneidade das candidaturas presentadas.

* A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria en A Barcala-Cambre  e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo).