Emprego

Este subsidio establécese para paliar a situación de desprotección na que poden atoparse persoas traballadoras con contrato temporal que finalizara DESPOIS da declaración do estado de alarma para que poidan acceder á prestación por desemprego, aínda que non teñan 360 días de cotización - Subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal

Este subsidio establécese para paliar a situación de desprotección na que poden atoparse persoas traballadoras con contrato temporal que finalizara DESPOIS da declaración do estado de alarma para que poidan acceder á prestación por desemprego, aínda que non teñan 360 días de cotización

Persoas beneficiarias:

Persoas traballadoras que reúnan os seguintes requisitos:

  • Extinción de contrato de duración determinada de, polo menos, 2 meses de duración. A data de fin do contrato ha ser posterior ao 14 de marzo de 2020 (data da declaración do estado de alarma).
  • Carecer de rendas doutro tipo, superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional, segundo art. 275 da Lei xeral de Seguridade Social.
  • Non reunir o período de cotización necesario para acceder a outra prestación ou subsidio.

Este subsidio tamén lle será recoñecido ás persoas con contratos de interinidade, formativos e de relevo.

Contía: axuda mensual do 80 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) mensual vixente [80% x 537,84 euros (IPREM 2020): 430,27 euros/mes].

Duración: 1 mes, ampliable se así se determina por Real decreto-lei.

Este subsidio é incompatible coa percepción de calquera renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axudas análogas concedidas pola Administración pública.

Para a tramitación, débese contactar coa Oficina de Emprego

O prazo para a solicitude será ata o 1 de maio.

Máis info premendo nesta ligazón.