Emprego

- Xornada informativa "A contratación de persoas inmigrantes" - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Xornada informativa "A contratación de persoas inmigrantes"

A Mancomunidade Arousa Norte vai celebrar, dentro do Programa de inserción laboral de colectivos desfavorecidos, financiado pola Deputación da Coruña, a xornada informativa "A contratación de persoas inmigrantes".

Esta xornada realizarase o 27 de xuño na Casa do Mar de Riveira de 15:30 h a 20:30 h e pretende os seguintes obxectivos:

* Ofrecer información a empresarios sobre o proceso de contratación das persoas inmigrantes.

* Explicar as diferentes axudas e bonificacións existentes para a contratación de inmigrantes.

* Sensibilizar nos valores interculturais e nos dereitos humanos.

A actividade vai destinada a empresarios, asesores de empresas, axentes de emprego, orientadores laborais, técnicos de servizos sociais, persoas inmigrantes, titulados universitarios que se vaian adicar á atención do colectivo inmigrante e público en xeral.

A información completa así como a ficha de inscrición poden obterse na páxina web da Mancomunidade: http://arousanortemprego.wordpress.com/

Os interesados/as deberán enviar a ficha de inscrición e documentación escaneada ao email correo@arousa-norte.es ou presentala na oficina da mancomunidade.

O prazo remata o 13 de xuño ás 13:30 h.