Emprego

- Xornada informativa - ÁMBAR. Os beneficios das estratexias de Diversidade e Inclusión na empresa - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Xornada informativa - ÁMBAR. Os beneficios das estratexias de Diversidade e Inclusión na empresa

O vindeiro martes 26 de marzo, de 19:00h a 20:30h, realizarase a xornada informativa Os beneficios das estratexias de Diversidade e Inclusión na empresa no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo.

Esta actividade enmárcase dentro do programa iWork, que a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional está poñendo en marcha na comarca do Barbanza, coa colaboración da Asociación Rianxeira de Empresarios.
 
Este proxecto ten como obxectivo trasladar a importancia de contar cunha estratexia de inclusión na empresa, salientado os beneficios tanto sociais como económicos, e igualmente mellorar as oportunidades de inserción laboral das persoas profesionais con diversidade funcional.
 
O aforo é limitado, polo que é necesario inscribirse o antes posible no seguinte formulario de inscrición.

Cartel informativo

Formulario de inscrición