Emprego

- Xornada informativa sobre as empresas de inserción laboral - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Xornada informativa sobre as empresas de inserción laboral

O Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, situado na rúa Autores da Rianxeira – Parque Galicia de Rianxo, vai ser escenario o sábado día 2 de xuño dunha xornada de promoción das empresas de inserción laboral.

Organizada pola Mancomunidade Arousa Norte, esta acción pretende informar aos asistentes sobre este modelo de empresa e vai dirixida, en especial, aos seguintes colectivos:

  • Técnicos e membros da directiva de Asociacións, ONGs.
  • Técnicos de servizos sociais, de xuventude, de emprego e orientadores laborais dos concellos.
  • Orientadores laborais de centros integrados de formación profesional, de formación ocupacional e do Servizo Galego de Colocación.
  • Persoas en situación ou en risco de exclusión social.
  • Emprendedores.
  • Calquera persoa con interese.

A xornada terá lugar de 10:30 a 14:30 horas. Ten carácter gratuíto. Os interesados poden inscribirse na Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello de Rianxo – Cuartel Vello (Praza de Castelao, s/n Tel.: 981866663) ou na Mancomunidade de municipios Arousa Norte (Concello de Boiro)

Na seguinte ligazón pódese atopar máis información ao respecto: