Facturación - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS CONTRATISTAS E PROVEDORES DO CONCELLO DE RIANXO
1. Os provedores do Concello de Rianxo deberán presentar a declaración da ficha de terceiros actualizada (DFDT) coa información bancaria necesaria para o pago das súas facturas.
- Supostos nos que deberá presentarse:
- Contratistas que facturan ao Concello de Rianxo por primeira vez.
- Contratistas que non facturan ao Concello de Rianxo por primeira vez, pero queren que o pago se realice a unha conta bancaria diferente da que coñece o concello.
- Modo de presentación:
- A DFDT deberá presentarse no Rexistro de Entrada Municipal, de modo independente á factura emitida, e dirixido á Tesourería Municipal.
- No caso das persoas xurídicas, o formulario/solicitude debe estar asinado con certificado de representación de persoa xurídica e debe acompañarse da documentación que acredite o poder de representación da persoa asinante.
- Lémbrase a necesidade de que as facturas indiquen o número de IBAN no que hai que efectuar o pago, especialmente para os supostos nos que na información municipal figuran datos de varias contas bancarias.
2. Os provedores que modifiquen algún dato esencial (razón social, CIF, etc.) do que deba ter coñecemento o concello, deberán comunicalo mediante a presentación dunha instancia no Rexistro Xeral Municipal.
3. Lémbrase que as seguintes persoas/entidades deben rexistrar de entrada por medios telemáticos as súas solicitudes, de acordo co artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas:
- a) As persoas xurídicas.
- b) As entidades sen personalidade xurídica.
- c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
- d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Modificación no procedemento de tramitación das facturas
No Pleno do 26/08/2020 aprobouse inicialmente a modificación das bases de execución do Orzamento prorrogado en 2020 e entrou en vigor o 15/10/2020. Entre as ditas modificacións figura a introdución da base de execución 14ª ter que reflicte o procedemento da tramitación das facturas, cuxa novidade máis importante é a de esixir a presentación da autorización do gasto xunto coa factura. O documento Autorización de gasto acredita a existencia de crédito orzamentario para a contratación proposta e constitúe unha garantía para o provedor de que a prestación que realice ten consignación orzamentaria suficiente.
O contido da modificación que ten efectos cara os provedores pode consultarse neste documento:
FACe é o punto de entrada xeral de facturas electrónicas permite ás provedoras presentar as facturas destinadas ao concello de forma telemática.
Acceso á plataforma FACe de envío de facturas electrónicas
Listaxe de unidades tramitadoras
Administración
Concello de Rianxo L01150721
NIF P1507300J
Oficina Contable
INTERVENCIÓN LA0002313
Órgano Xestor
ALCALDÍA LA0002297
Unidades Tramitadoras
INTERVENCIÓN LA0002313
ALCALDÍA LA0002297
SECRETARÍA LA0002318
PROMOCIÓN ECONÓMICA LA0004059
CULTURA LA0002418
DEPORTES LA0002420
EMPREGO E PERSOAL LA0006064
ENSINO LA0004117
IGUALDADE LA0004056
INFORMÁTICA LA0004058
OBRAS E SERVIZOS LA0002422
POLICÍA LOCAL LA0006065
SAÚDE LA0004783
SERVIZOS SOCIAIS LA0002421
SERVIZOS XERAIS LA0004771
TURISMO LA0006066
URBANISMO LA0002417
XUVENTUDE LA0002419
MAR LA0004057
TESOURARÍA LA0002423
ÁREA DE REHABILITACIÓN LA0011137
MEDIO AMBIENTE LA0002424
BENESTAR ANIMAL LA0011518