Familia e Infancia

Familia e Infancia - Concello de Rianxo

Familia e Infancia (Servizos Sociais)

Programas

Programa de educación familiar

Consiste na intervención, por parte de persoal especializado, con familias nas cales se detectan carencias competenciais nas súas funcións parentais, como consecuencia da perda de referentes estables e das funcións que tiña asignadas, sendo o fin último desta intervención a integración social e mellora da calidade de vida das familias.
Os obxectivos son: potenciar a autonomía das familias; favorecer a integración de todos os membros da unidade familiar no seu contorno social; posibilitar a intervención profesional individualizada coas familias con menores ao seu cargo, persoas con dependencia, discapacitadas ou calquera outra situación familiar que poida desembocar nunha situación de risco ou dificultade social; e, prestar apoio e colaboración na capacitación das persoas adultas que deesempeñan roles parentais para desenvolverse axeitadamente no autocoidado, coidado e educación dos fillos/as e a atención, organización e mantemento do fogar.

Información:
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 13
Técnico Responsable: Educadora Social
Correo-e: educacionfamiliar@concelloderianxo.es

Presentacións Socioeconómicas

Título de familia numerosa

Considérase familia numerosa a integrada por un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, ou con dous fillos sempre que alomenos un sexa discapacitado. Contabilízanse os fillos/as menores de 21 anos ou menor de 25 se están cursando estudos, ou discapacitados sen límite de idade.

Impreso de solicitude/renovación do Título de Familia Numerosa [PDF]

Carné Familiar

O Carné Familiar é unha tarxeta persoal e intransferible ao dispor dos membros das familias numerosas, coa que van obter vantaxes ou descontos nos establecementos colaboradores en toda Galicia.

Impreso de solicitude do Carné Familiar [DOC]

Prestación por fillo menor ao cargo

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Orde do 3 de maio de 2010, vén de establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010.

Beneficiarias:

  • Persoas que teñen ao seu cargo fillos e fillas menores de tres anos na data do 1 de xaneiro do 2010 (nacidos entre o 2-01-2007 e o 01-01-2010, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presentar Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a este período.

Requisitos:

  • Que os pais teñan residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa solicitante.

Documentación:

  • Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento de cada un dos fillos menores de tres anos.
  • Certificado de empadroamento colectivo.
  • Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o número de conta e na cal deberá figurar como titular a persoa que asina a solicitude.

Se a solicitante recibise a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2009, só terá que presentar a solicitude formalizada no modelo oficial (ANEXO I) ou ben obter a solicitude cuberta no enderezo:

http://www.xunta.es/aplicacions/pfc

Prazo:

  • O prazo para a presentación das solicitudes rematará o vindeiro 19 de xuño do 2010.

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral: reducción da xornada de traballo

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar vén de convocar axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. (DOG nº 64 de 3/04/2008).

Beneficiarios/as:

  • Homes traballadores por conta allea.
  • Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea.

Documentación:

  • Solicitude e anexos [PDF]
  • Fotocopia do DNI ou NIE.
  • Fotocopia compulsada do libro de familia.
  • Fotocopia compulsada da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
  • Nos suposto de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución de tutela.
  • No caso de proxenitores solteiros con filla/o recoñecido polo outro proxenitor pero sen que exista convivencia entre pai e nai, declaración xurada que recolla este extremo.(anexo II).
  • Certificado de empadroamento.
  • No caso de familias monoparentais, certificación de convivencia no cal consten as persoas que conviven no domicilio coa persoa solicitante.
  • Certificación bancaria orixinal da conta da que é titular a persoa solicitante.
  • Declaración de que o período de redución solicitado non coincide co permiso por maternidade, nin con ningún outro permiso, licenza ou excedencia para o mesmo fin do cónxuxe ou parella (anexo III)
  • Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas polo mesmo concepto (anexo III).
  • Certificación da empresa ou, se é o caso, da Administración pública correspondente, acreditativa da redución de xornada (anexo IV).
  • Orixinal ou fotocopia de TA 2/R (variación dos datos na Seguridade Social), na cal se reflicta a situación de garda legal.
  • No caso de familias non monoparentais, certificación de vida laboral relativa ao cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sitemas de previsión social distintos (MUFACE, ISFAS, MUXEXU, etc), certificación acreditativa da data desde a cal presta os seus servizos, con indicación de que na actualidade se atopa en servizo activo.
  • Anexo V de recollida de datos para análise de resultados.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 31 de agosto de 2008.

INFORMACION: Servizos Sociais do Concello de Rianxo (Carretera de Tanxil, 12 Tlf:981 860 061) DOGA nº 64 de 3/04/2008

Axudas municipais para a adquisición de libros (EI) e material escolar (EP, ESO)

As axudas para a adquisición de material escolar van destinadas a aqueles alumnos/as que cursando estudos nos tramos de ensino obrigatorio e gratuíto e por tanto, excluídos da convocatoria estatal de bolsas, ao dispor de baixas rendas familiares para afrontar os gasto de educación, necesitan dun apoio especial para garantir a plena gratuidade do seu dereito á educación. As axudas para a adquisición de libros de texto van destinadas a aqueles alumnos que debido aos cursos que realicen non teñan os libros de texto gratuítos.

Poderán optar a estas axudas o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, empadroados/as no Concello de Rianxo.

Prazo da convocatoria 2010: a determinar polo departamento.