favhome

favhome - Concello de Rianxo

Utilidades lingüísticas

Dicionarios: RAG | Digalego

Dúbidas e linguaxe técnica: Glosario DOGa, bUSCatermos

Tradución: OpenTradApertium

Tradución de documentos: Tradutor da Deputación | Traducindote

Linguaxe administrativa

TRUCOS UBUNTU LINUX

1. Se premes nunha ligazón da internet (ou nun marcador da barra) co botón do medio do rato, abrirás a páxina nunha nova pestana.
2. A combinación de teclas Alt + TAB (preme Alt e sen soltalo preme TAB (tabulador) unha ou máis veces) pemíteche rotar entre as ventás abertas. Moi útil! (tamén en Windows).
3. En case calquera contexto (cartafol, documento, páxina web) a combinación de teclas Ctrl + F permite buscar dentro dese contexto: palabras nas webs e documentos ou en todos os cartafois que colgan do actual. É moi útil para atopar documentos.
4. A tecla de Windows (entre Control e Alt) no teclado lanza un panel que permite buscar entre os programas instalados e tamén documentos en todos os teus cartafois.
5. Se se mantén présa a tecla de Windows durante uns segundos, aparecerá un menú de atallos de teclado moi útiles. Algúns deles:
 - Windows + W : Coloca todas as ventás abertas en mosaico (moi útil para atopar unha ventá perdida).
 - Windows + D: amosa o escritorio, minimizando todas as ventás. Se se volve premer, eleva de novo todas as ventás.
 - Windows + S: amosa os espazos de traballo, que son como escritorios adicionais.
6. Se se move unha ventá a unha beira ou esquina do escritorio, a ventá axustarase a unha metade (superior, inferior, dereita ou esquerda) ou un cuarto da pantalla.