Información Turística

Información Turística - Concello de Rianxo

Contido web

Información Turística

Información Turística

Atención ao público

Oficina de atención ao público

Localización e teléfonos:

"Cuartel Vello".  Praza de Castelao s/n, Rianxo

Tlf.: 981 866 663

Fax: 981 843629

turismo@concelloderianxo.gal

Horario:

de luns a venres de 8 a 15 h (verán ata as 14 h)

PUNTOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. Horario de verán (xullo e agosto):

CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO (rúa de Abaixo)

De mércores a venres: de 17:00 a 19:00 h

Sábado e domingo: de 10:30 a 14:30 h

MUSEO DO MAR (praza de Castelao)

De martes a venres: de 08:00 a 14:00 h

 

Xestións

  • Execución e coordinación das tarefas de promoción da vila como destino turístico de calidade.
  • Elaboración de material de propaganda e promoción turística (folletos, revistas, carteis, etc.), destinados á divulgación dos recursos, bens e servizos turísticos de Rianxo.
  • Servizos de información turística (oficina de información turística permanente, con material informativo a disposición das persoas visitantes, onde se lles facilita datos sobre aloxamentos, gastronomía, transportes, cultura, espectáculos, etc.).
  • Actividades de xestión e administración.
  • Actividades relacionadas coa xestión das praias (campaña da Bandeira Azul e control da calidade das augas, etc.)
  • Información e axudas á cidadanía para a tramitación de subvencións ou outros trámites administrativos.
  • Tramitación e solicitude de concertos económicos coas autoridades e organismos competentes, así como a concesión de créditos necesarios para o financiamento de campañas de promoción e desenvolvemento.

Obxectivos

  • Promover, fomentar e impulsar o turismo do municipio mediante distintas accións.
  • Promover a presenza activa de Rianxo no mercado turístico, procurando a coordinación dos sectores interesados no desenvolvemento das correntes turísticas que chegan, pasan ou parten da vila.
  • Estudar a participación da industria turística local, así como planear e programar as accións máis eficaces para a solución dos seus problemas.
  • Potenciar os recursos, bens e servizos que multipliquen a oferta turística local.
  • Promover a comercialización de produtos (paquetes turísticos) e outras ofertas especiais capaces de incidir favorablemente no mercado turístico local.
  • Favorecer os proxectos, xa sexan oficiais ou privados, que tendan a potenciar e estender a participación cidadá no uso do tempo de lecer, así como nas actividades culturais e recreativas relacionadas coa acollida ou recepción de visitantes.
  • Promocionar e divulgar a conservación do patrimonio natural e histórico-artístico do concello.
  • Calquera outra iniciativa que redunde en beneficio do desenvolvemento da competencia municipal en materia de turismo.

Persoal técnico

  • Natalia Galbán Rubio

Información turística

  • Punto de Información Turística: no MUSEO DO MAR en horario de 8:00 a 15:00 h (horario de inverno).
  • Oficina técnica de Turismo: "Cuartel Vello", praza de Castelao, s/n. Horario: de luns a venres de 8 a 15 h (horario de inverno).

Trámites administrativos

Información Xeral:

"Cuartel Vello". Praza de Castelao, s/n, Rianxo

Tlf.: 981 866 663

Normativas