Festas populares - Concello de Rianxo
A Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, que entrou en vigor o 2 de xullo de 2018, vén complementar a Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia no que atinxe ás festas populares, espectáculos públicos e actividades recreativas, co fin de identificar con maior claridade e precisión as actividades suxeitas ao novo réxime e as exencións a esta norma.
A PROMOTORA da festa, espectáculo ou actividade é a entidade que a organiza, sexa persoa física ou xurídica (organización sen ánimo de lucro, empresa...).
DOCUMENTACIÓN a presentar pola PROMOTORA:
Declaración Responsable de Festas Populares (modelo DRFP)
Memoria descritiva cunha relación das actividades, espazos con plano de delimitación, de ser preciso, horarios e previsión de asistencia de público para cada un dos elementos da festa, espectáculo ou actividade (modelo MDPF) pdf | odt | doc
Documentación acreditativa de dispor do seguro de responsabilidade civil vixente no momento de celebración da festa por un capital asegurado de 300.000 € (para espazos abertos ao público): copia da póliza e último recibo
Adicionalmente, é necesaria a presentación da seguinte documentación pola PROMOTORA nos casos indicados:
USO DE TERREOS PRIVADOS:
Autorización dos propietarios do terreo onde se celebre a actividade ao aire libre, no caso de que sexan terreos privados
NECESIDADE DUN PLAN DE AUTOPROTECCIÓN:
Esixible nos seguintes casos, nos que ademáis a actividade debe estar suxeita á emisión dunha LICENZA:
- espazos pechados con capacidade igual ou superior a 2.000 persoas, ou cunha altura de evacuación igual ou superior a 28 metros
- instalacións pechadas desmontables ou de tempada con capacidade ou aforamento igual ou superior a 2.500 persoas
- actividades ao aire libre cunha afluencia igual ou superior a 20.000 persoas
Proxecto técnico detallado que permita determinar o axuste ás normativas urbanísticas e sectoriais aplicables
Plan de autoprotección conforme ao Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia
COLABORACIÓN DO CONCELLO:
No caso de querer solicitar a colaboración do Concello (económica, préstamo de material, reprografía, actuación loxística, uso de espazos ou vía pública, seguridade vial...) , deberase facer mediante unha solicitude xeral ordinaria adicional á declaración responsable.
DOCUMENTACIÓN que deben presentar, segundo o caso, as persoas ou empresas TITULARES de cada unha das atraccións e estrutuas móbiles ou desmontables da festa:
DOCUMENTACIÓN COMÚN:
- Declaración Responsable para atraccións e estruturas móbiles ou desmontables de festas e verbenas populares (modelo DRAF)
- Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pagamento das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou a copia destes.
ELEMENTOS QUE PRECISEN DE INSTALACIÓN ELÉCTRICA:
- Certificado ou boletín de instalación eléctrica emitido por unha instaladora autorizada oficial
- Certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede
- No caso de utilizar xerador, declaración CE de conformidade do equipo xerador
ORQUESTRAS E ESCENARIOS MÓBILES:
- Marcación CE e declaración de conformidade do fabricante CE ou documento análogo acreditativo da idoneidade subscrito por unha persoa técnica competente
- Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación (anexo I da declaración responsable, modelo DRAF)
ESTRUTURAS NON PERMANENTES DESMONTABLES (ATRACCIÓNS DE FEIRA, INCHABLES, CARPAS...):
- Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación (anexo I da declaración responsable)
- Marcación CE e declaración de conformidade do fabricante CE ou, no seu defecto, informe dunha persoa facultativa idónea sobre o recoñecemento previo das condicións de seguridade para o público das construcións, estruturas, dispositivos mecánicos ou electrónicos potencialmente perigosos
- O seguro de responsabilidade civil debe ser dun capital mínimo 150.000€ por cada instalación ou estrutura
DOCUMENTACIÓN RELATIVA Á NATUREZA DA ACTIVIDADE
- Documentación relativa a ruídos, contaminación acústica, etc. esixible pola normativa específica segundo a natureza da actividade, de ser o caso
FOGOS DE ARTIFICIO
- Comunicación previa de tirada de fogos de artificio (modelo CPTF) e documentación indicada no formulario
DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ESTAR A DISPOSICIÓN DAS AUTORIDADES EN TODO MOMENTO PARA A COMPROBACIÓN DURANTE TODO O PERÍODO DE INSTALACIÓN DA ESTRUTURA OU ATRACCIÓN
- Toda a documentación esixible relativa á regularización da instalación e á prevención de riscos laborais, como poden ser certificados de revisións periódicas (ITVs ou análogos segundo o tipo de instalación) e toda aquela contemplada nas normativas e regulamentos aplicables
- Para o caso de escenarios e estruturas móbiles, deberá constar un certificado emitido por unha persoa habilitada sobre a inspección da estrutura tras a montaxe, segundo o estabelecido no RD 2177/2004.
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Cableado
O cableado das instalacións debe estar soterrado ou en voo para protexer ao público de contactar con el.
Horarios
Mentres non se aprobe a orde á que se refire o art. 17 da Lei 10/2017 (*) en vigor, aplícase o estabelecido na Orde do 16 de xuño de 2005 pola que se determinan os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia
O horario de referencia é, polo tanto, as 3.30 h.
Este horario é ampliado en media hora para as noites da fin de semana, festivos e vésperas.
O artigo 5 da Orde do 16 de xuño de 2005 estabelece os supostos nos que as delegacións provinciais poderán autorizar baixo resolución motivada ampliacions de 1 hora sobre os horarios límite, previo informe do concello:
- Festas locais, patronais, de Nadal e verbenas populares
- Nas localidades turísticas durante os períodos de maior afluencia, sempre e cuando non se altere a convivencia normal da veciñanza
- Cando o requira a duración do espectáculo
(*) A lei 10/2017 prevé que os concellos poderán autorizar ampliacións sobre o horario xeral, atendendo os criterios, os supostos e as circunstancias que figurarán nunha futura na orde de horarios prevista no artigo 17.
Seguros
O seguro deberá cubrir a responsabilidade civil que sexa imputable, directa, solidaria ou subsidiariamente, ás persoas organizadoras dos espectáculos públicos ou das actividades recreativas, de tal maneira que cubra os danos persoais e materiais e os prexuízos consecutivos ocasionados ás persoas usuarias ou asistentes e a terceiras persoas e aos seus bens, sempre que os ditos danos e perdas sexan producidos como consecuencia da xestión e explotación do establecemento ou da realización do espectáculo público ou da actividade recreativa, así como da actividade do persoal ao seu servizo ou das empresas subcontratadas.
Prazo de presentación
Canda menos, 15 días antes do evento.
Excepcións á norma que prevé a presentacióin dunha declaración previa
- Eventos que requiren dun plan de autoprotección, que requirirán dunha licenza:
- Espazos pechados con capacidade igual ou superior a 2.000 persoas ou cunha altura de evacuación igual ou superior aos 28 m
- Instalacións pechadas desmontables ou de tempada con capacidade ou aforo igual ou superior a 1.500 persoas
- Actividades ao aire libre cunha afluencia prevista igual ou superior a 20.000 persoas
- Actividades organizadas polo concello ou as administracións públicas.
Nestes casos, será necesario solicitar unha licenza.
Comprobación
A declaración responsable presentada que compre os requisitos habilita para o exercicio da actividade, o desenvolvemento do espectáculo ou a apertura do establecemento desde a súa presentación, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección atribuídas á Administración nos termos previstos nos artigos 28 e 29 da lei 10/2017.
As autoridades competentes poderán inspeccionar as instalacións e solicitar a documentación requirida en calquera momento sen alterar o funcionamento da actividade.
No caso de observarse algún incumprimento das normas, as autoridades poderán iniciar un expediente sancionador e tomar as medidas provisionais previas por razóns de urxencia inaprazable e para a protección provisional dos intereses implicados, segundo o previsto no Título IV da Lei 10/2017.
Normativa de aplicación
- Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia
- Lei 9/2013 do emprendemento e competitividade económica de Galicia
- Orde do 16 de xuño de 2005 pola que se determinan os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia
- Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto, por el que se aprueba el Reglamento General de Policía de Espectáculos Públicos y Actividades Recreativas
Documentación de interese
Consultas frecuentes sobre a aplicación da Lei 10/2017 (Xunta de Galicia)